Skip to Content

 

   

REMUÍÑOS 2020-2021

Xa temos a revista deste ano rematada.

 

 

PROGRAMA CUBERTOS 2021

Publicada a listaxe do alumnado inscrito no Programa Cubertos 2021.

Enlace

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A listaxe provisional de admitidos en Fondo Solidario de Libros de Texto está no taboleiro interior do centro.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO NOVO GRUPO DE 3 ANOS PARA O CURSO 2021-2022

A reunión coas familias do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil (3 anos) para o curso 2021-2022 terá a reunión:

Día: 28 de xuño 2021

Hora: 12:30

Lugar: Usos múltiples

 

SOAMENTE PODERÁ ASISTIR UN FAMILIAR POR NENO/A

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Listaxe dos libros de texto para o curso 2021-2022.

RELACIÓN DE LIBROS

DEPORTE E EXERCICIO

ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE FERROL

Dentro dos programas de vida saudable inclúense aspectos como a alimentación, a hixiene e o deporte como eixos fundamentais do benestar dos nenos e nenas, por iso dende o colexio e en colaboración co Concello de Ferrol non queremos deixar de dar cabida a iniciativas que melloran a vida da nosa comunidade. 

Aquí vos deixamos vínculos ás páxinas das entidades que solicitaron a nosa colaboración:

 

 Xornadas de portas abertas 2022

 

S.R.D. Esteiro Ferrol 

 

 

 

SELECCIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias, de cara a organización das actividades extraescolares do curso 2021-2022 precisamos que completedes a información daquelas que vos poderían interesar para os/as vosos/as fillos/as.

O centro ofertará aquelas actividades seleccionadas pola maioría a partir do 4 outubro do 2021 ata o 31 de maio do 2022 polo que é importante que escollades un MÁXIMO de 4 actividades.

Agradeceríamos que cubrísedes o seguinte formulario antes do día 11 de xuño de 2021. 

FORMULARIO

COMEDOR ESCOLAR - APLICATIVO COLECHEF

O Concello de Ferrol e a empresa Alimentación Saludable Gallega que xestiona os comedores escolares acaban de centralizar nunha única aplicación toda a información e xestión incluso se tedes fillos e fillas que acoden a diferentes centros con servizo de comedor e poderedes xestionalo todo cun mesmo usuario de maneira moi sinxela.

Para poder facer o rexistro do alumnado deberedes seguir as instrucións do documento adxunto.

 

LETRAS GALEGAS - LIBRO ABECEDARIO

Os nenos e nenas de Educación Infantil ate 3º de Educación Primaria ompuxeron un libo dicionario para estas letras galegas.

Aquí vos queda o vínculo.

Distribuir contido


by Dr. Radut