IMOS AO TEATRO!!!!!!

Todo o ensino infantil xunto con 1º, 2º e 3º de ensino primario,  imos ver esta obra tan curiosa que é “O lobo e a lúa” ao Auditorio de Cangas.

 

Por iso queremos deixarvos unha pequena recensión do que vos ides atopar:

 



SINOPSE:


Había unha vez un pequeno lobo que vivía nun prado azul, el precisaba falar coa lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.

No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non.

No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!

 





“O lobo e a lúa” é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da LÚA. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e do amor.

 

Público: A partires de 2 anos de idade.

 

FICHA TÉCNICA:

 

Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer

Guión: Andrea Bayer

Dirección de manipulación: Óscar Ferreira

Elenco: Xosé Manuel Esperante / Cora Sayers

Deseño de escenografía: Óscar Ferreira

Escenografía: Óscar Ferreira e Juan Silva

Vestiario: Baobab Teatro

Música: Elena Paz e Xosé Liz

Deseño de iluminación: Daniel Abalo

Deseño sonoro: Daniel Abalo

 

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO!!!

Back to top