Obxectivos do Departamento de Orientación

•    Asesorar e apoiar ao conxunto da comunidade educativa e aos órganos de goberno do colexio en particular, para impulsar o desenvolvemento do centro educativo en todos os ámbitos.
•    Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para favorecer o desenvolvemento persoal, social e cognitivo dos alumnos/as e axudarlles a enfrontar adecuadamente os momentos escolares decisivos ou de maior dificultade.
•    Participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade que optimicen a atención educativa proporcionada ao alumnado.
•    Contribuír á identificación e detección temperá das dificultades ou problemas de desenvolvemento e aprendizaxe e potenciar a posta en marcha de medidas e accións de carácter preventivo.
•    Proporcionar apoio psicopedagóxico ao alumnado e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
•    Apoiar a convivencia no centro a través da acción titorial e coa implicación de toda a comunidade educativa.
•    Participar na elaboración, seguimento e avaliación do Proxecto Educativo, incidindo nos criterios organizativos, metodolóxicos e curriculares de carácter inclusivo para a atención á diversidade do conxunto do alumnado e asesorando  nas  decisións relativas á potenciación das áreas instrumentais, avaliación, recuperación, criterios de promoción, etc.
•    Promover a comunicación, colaboración e coordinación coas familias, potenciando a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos e na vida do centro.
•    Establecer canles de comunicación e coordinar actuacións cos diferentes servizos e institucións.

Back to top