¡CHEGA O ENTROIDO!

¡CHEGA O ENTROIDO!

Estase achegando o Entroido e no "cole",coma todos os anos imos celebralo cun desfile que   saíndo   do colexio percorrerá os camiños de  O Piñeiro e Gandón. Será o vindeiro venres,día 20 , comezará ás 11:30 e contamos que dure aproximadamente unha hora e media. Logo ,para repoñer forzas ,merendaremos as filloas,orellas ,chulas...feitas polas familias do alumnado - ás que dende aquí dámoslles as grazas por adiantado-.

Convidámosvos a tod@s a acompañarnos nesta troula.

¡Ímolo pasar moi ben!

¡LEMBRADE QUE ATA O XOVES 26 NON VOLVE HABER CLASE!

Back to top