CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Dirixido ao ALUMNADO de 1º a 6º de educación primaria

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

Alumnado matriculado en educación primaria:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. (o cheque de 50€)

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 por diferentes circunstancias, sempre que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES (soamente para o alumnado non beneficiario da axuda de material escolar)

  • Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
  • Prazo: Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.
  • Acceso á solicitude (anexo I e II)

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

  • Fotocopia do libro de familia na que figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, xentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Outra documentacion (en caso de ser necesaria):

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade

-No caso de situación de violencia de xénero, documentación acreditativa

-Resolución xudicial de incapacitación

-Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de

menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia

-Certificado de convivencia no caso de que o pai, nai ou titor carezan de DNI

 

En todo caso, os documentos deberán reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018

BIBLIO NA RADIO

Acabamos de ser seleccionados no programa "Radio na biblio"

MATERIAIS

Aquí tedes as listaxes de material para o uso do alumnado de primaria nas distintas aulas:

Listaxe para 1º

Listaxe para 2º

Listaxe para 3º

Listaxe para 4º

Listaxe para 5º

Listaxe para 6º

PREINSCRICIÓN COMEDOR ESCOLAR

Aquí tedes información sobre a preinscrición para o comedor escolar deste vindeiro curso así como a ficha de solicitude de preinscrición.

O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.

Información preinscrición comedores escolares.pdf

Solicitude  preinscrición comedores escolares 2020-21.pdf

 

 

Mes do medioambiente

O mes de Xuño é o mes do medioambiente, por iso queriamos recordarvos os compromisos relacionados coa ecoloxía e polo clima que levamos a cabo este curso.

 

Distribuir contido

Espiñeira nas ondas

Radio na Biblio

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Novembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo