"AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN"
CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Un ano máis, o Concello de Vilagarcía de Arousa ven de convocar as "Axudas á escolarización" que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.
Como podedes ver nas bases, este ano increméntase a partida económica e as familias que reúnan os requisitos recibirían unha axuda de 70€ por neno ou nena que están na etapa de educación infantil, etapa non obrigatoria.
Moitas familias xa son coñecedoras, pero pregamos axudedes a difundir esta información a quen lle puidera interesar.
O prazo está aberto desde hoxe día 1 de setembro ata o día 30 do propio mes.
Adxuntamos anexo de solicitude e as bases.