Skip to Content

ABERTO PRAZO DE RESERVA PARA O ALUMNADO DE 6º QUE CONTINUE ESTUDOS NO IES COSME LÓPEZ (CENTRO ADSCRITO)

Para alumnado de 6º que pretenda continuar estudos no I.E.S. Cosme López durante o o vindeiro curso 2022 - 2023.

PRAZO: Do 11 de Xaneiro  ao 8 de Febreiro.

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro adscrito (Cosme López), deberá presentar no centro de orixe (CEIP O Bolo) o modelo normalizado de reserva de praza que acompaña a esta nota informativa, ata o martes 8 de febreiro.

Tamén é posible utilizar a aplicación informática admisión/alumnado no seguinte enderezo electrónico:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Solicitudes-Reserva-Crear.

Ou aquí directamente:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action?OWASP_CSRFTOKEN=1CK7-6GO6-XPMJ-UZ3Q-3BM2-XB1C-0EMY-8BD4

Imprimirase e presentarase na secretaría do CEIP O Bolo

ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. TT

Tamén pode presentarse por via telemática utilizando a SEDE ELECTRONICA (para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.

(Horario atención ao público da secretaría: 

Luns a venres de 09:15 a 11:00 e de 12:45 a 13:45).

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través de esta aplicación informática utilizando o código de solicitude e o numero de DNI da persoa solicitante.

Esto será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición (CEIP O Bolo) antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (do 1 ao 21 de marzo).

As familias do alumnado que opten por un centro secundaria distinto ao IES Cosme López, terán que presentar solicitude de admisión de praza no centro elexido do 1 ao 21 de marzo

A presentación de solicitudes de admisión noutro centro sen facer a devandita renuncia, terá a consideración para os efectos de perda da prioridade.

Este alumnado deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (Castro Alobre).

So para alumnado de 6º curso. 

CEIP O Bolo
O Bolo, 10 de xaneiro de 2021.

 



blog | by Dr. Radut