PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

DO 1 AO 21 DE MARZO DE 2022

 O alumnado que ingrese nun novo centro, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro da súa primeira preferencia ou a través da aplicación “admisionalumnado”

 (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

o formulario normalizado ED550B (premer neste enlace para descargalo). Pódese cubrir en liña e descargalo unha vez cuberto.

ESTA SOLICITUDE SERÁ UNICA ( SÓ PODE PRESENTARSE NUN ÚNICO CENTRO ) e terá carácter vinculante.

O formulario normalizado será facilitado nos correspondentes centros docentes. Tamén está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado" ou pode descargarse desde esta páxina web ( no arquivo adxunto . Unha vez correctamente cuberta e asinada deben presentala na Secretaría do centro.

A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais, excepto as familias que se atopen na circunstancia seguinte: No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Máis información sobre o proceso no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

 

 

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2023-24

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión