Aula de Música

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN

Preparando a Reconquistiña. O venres 14 de febreiro o alumnado de 3º, 5º e 6º asistiron a un obradoiro de percusión impartido por monitores da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello

 

Pequeño Balafón - 6º B (curso 2017-18)

Mirade aos nenos de 6ºB, que ben interpretan a peza para xilófonos e pequena percusión titulada "Pequeño Balafón".

https://www.youtube.com/watch?v=I_J-RH_AFvM

concerto música clásica - novembro 2017

O xoves 23 de novembro, os nenos e nenas de 5º e 6º, asistiron a un concerto de música clásica no que disfrutaron moitísimo.

Escola de Música EMMBA - outubro 2017

A semana pasada disfrutamos da música en directo grazas aos músicos da Escola EMMBA, foi moi divertido!

 

MUSIQUEANDO 2017

Os alumnos de 5º e 6º de primaria deron un concerto no zona peonil do Calvario o xoves 27 dentro do programa MUSIQUEANDO 2017.

QUE GRANDES MÚSICOS!!!

CEIP A DOBLADA MUSIQUEANDO 2017.Kylie Minogue - Can't Get You Out Of My Head

 

Concerto didáctico "Héroes & Villanos"

Os nenos e nenas de 5º B, 6º A e 6º B foron o martes día 7 a un concerto didáctico chamado "Héroes & Villanos" onde disfrutaron da música.

Pasade pola galería de imaxes para velo.

E se pinchades na seguinte imaxe, veredes a noticia na TVG e as opinións dalgúns dos nosos rapaces.

Boas festas

Moitas grazas a Lucía, a profe de música,

e ós profes de Educación Física,

polas actuacións estupendas do día de hoxe!

Marcha Radetzky percusión corporal CEIP A Doblada

Os nenos do CEIP A Doblada interpretan, con percusión corporal, unha das famosas pezas que sempre está presente nos concertos de Ano Novo: a Marcha Radetzky de Johann Strauss

TALLER DE RAP 4º, 5º e 6º CEIP A Doblada

Os alumnos de 4º, 5º e 6º realizaron durante varias semanas un taller de iniciación ao rap.

En pequenos grupos aprenderon a crear o seu propio rap: inventando a letra da canción, o beatbox e o ritmo.

Distribuir contido

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

INFORMACIÓN INICIO CURSO 2024-25

TIC

Blog da biblioteca

Ratoeira dos Contos

Música

Lingua Estranxeira

Actividades

Equipo Dinamización da Lingua Galega

 

Iniciar sesión