Orientación
BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Podedes consultar a Resolución pola que se convocan axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022/2023 no documento adxunto.
Tamén podedes acceder on line no seguinte enderezo:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudian...
Cruz Vermella
Prazo do 20 ao 30 de xuño.
-As solicitudes hai que realizalas no local da Cruz Vermella.
-Hai que aportar documentación, entre outras cousas a copia de ter solicitado axuda de libros e/ou material
No colexio (no caso de alumnado de Ed. Primaria).
No concello (no caso do alumnado de Ed. Infantil).
Descargade o arquivo axunto para máis información.
Ecuador, 16 36203 Vigo, Pontevedra - Teléfono 986 423 666
MEDIACIÓN
Á volta de vacacións de Semana Santa puxemos en marcha un programa de "Mediación entre iguais". Trátase de desenvolver no alumnado competencias sociais e cívicas. Os mediadores e mediadoras son alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria que recibiron formación nese sentido.
A mediación é voluntaria, tanto para os mediadores como para os alumnos e alumnas que acuden a resolver un conflito.
Se buscan valientes
"El Langui" pon música a este videoclip que lanza unha mensaxe directa ás testemuñas dunha situación de acoso: "No mires a otro lado y sé valiente". As testemuñas son clave para inclinar abalanza a favor da víctima.
No centro estamos a traballar neste sentido con iniciativas como esta
Web sobre o uso de internet da Axencia de Protección de datos
A Axencia Española de Protección de Datos pon á nosa disposición a páxina www.tudecideseninternet.es para consulta de materiais e información que pode ser do voso de interese.
ABUELOS Y ABUELAS EDUCADORES
A información máis completa está no arquivo axunto.
As persoas que estean interesadas poden comunicalo á orientadora María Vila, persoalmente ou chamando ao teléfono 886120150.