Skip to Content

Día do Libro 2024

O pasado martes 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro. O alumnado participou na realización duns traballiños que tiveron premio. Noraboa a todos/as, fixéchedelo xenial!!!

Álbum: Sen categoría -> Día do Libro 2024

Apípolis (04/04/2024)

O pasado xoves visitamos Apípolis (Pontevedra). Aprendemos moitas cousas sobre as abellas e pasámolo xenial!!!

Álbum: Sen categoría -> Apípolis (04/04/2024)

Saída ao Castro

A Primavera… a sangre altera.

        Esta semana no CEIP de Vilarmide Eduardo Noya  (Muxía) celebramos por todo alto a chegada da Primavera.

        Tras un trimestre de duro traballo, tanto as profes como os alumn@s  esperábamos impacientes a chegada das vacacións. E que mellor forma de facelo que conmemorando tres datas importantísimas? Día Mundial dos Bosques (21 de marzo), Día Mundial da Poesía (21 de marzo) e   Día Mundial da Auga  (22 de marzo)

        Durante toda a semana o alumnado traballou sobre a importancia da auga para a vida no planeta.

        Todos os alumn@s convertéronse en Superheroes e Superheroínas ao rescate da gota estragada. Decoraron as paredes con debuxos (unha imaxe vale máis que mil palabras…) nos que se resumen as razóns de Por que temos que aforrar auga en Galicia? E nos que se dan consellos para rescatar a gota estragada  E logo eu, que podo facer? Incluso levaron unhas recomendacións caseiras e ecolóxicas para limpar os fregadoiros e os desaugues. Todas estas actividades presentarémolas ao concurso GENERACIONECO.

        Para celebrar o Día Mundial da Árbore e da Poesía (e tamén para celebrar a chegada das vacacións), retomamos unha actividade que levabamos tempo sen facer: saída á area recreativa do Castro, comer alí e gozar do noso patrimonio  paisaxístico.

Antes de subir ao autobús, os nen@s xuntáronse na biblioteca para ler poesías relacionadas coas árbores, e coa auga. Adornaron as paredes do colexio con debuxos  sobre a importancia que as árbores teñen para o medio ambiente e con algunhas frases que fan reflexionar sobre a vida. Foi unha xornada moi produtiva a nivel pedagóxico. na que os alumn@s interiorizaron a sorte de vivir onde viven e o importante que é coidar os recursos naturais aos que moitas veces non lles damos valor.

Álbum: Sen categoría -> Castro 2024

MARCELLE 2024

Aquí vos deixamos unha escolma de fotos da excursión a Marcelle realizada o pasado xoves, 14 de marzo. Desexamos que sexan do voso agrado!!!

Álbum: Sen categoría -> MARCELLE 2024

Día do pai

Aquí vos deixamos algunhas recomendacións interesantes para o Día do Pai!!!

Muller 2024

O venres 8 de marzo, visitounos María, unha loitadora que padece ostoxénese ("ósos de cristal"). Foi un pracer tela con nós e escoitala contarnos as súas vivencias, porque o optimismo e a felicidade que transmite son un exemplo para todos. Noraboa María!!!!

Álbum: Sen categoría -> Día da Muller 2024

Entroido 2024: Érase unha vez...

Neste apartado, podedes atopar máis fotos deste Entroido 2024. Esperamos que as disfrutedes!!!

ENTROIDO ANIMAL!!!

Unha escolma de fotos deste Entroido animal. Esperamos que sexan do voso agrado!!!

Entroido 2024

Neste apartado, poderedes ollar as fotos do Entroido 2024. Gracias a todos/as pola vosa participación!!!

Álbum: Sen categoría -> Entroido 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut