Skip to Content

Libros de texto para o curso 2022-2023

A continuación mostramos a listaxe dos libros de textos para o curso 2022-2023. Clica na imaxe para acceder a ela.

 

 

 

ESCOLA DE VELA

Remata o curso e un ano máis disfrutamos desta gran actividade. A escola de vela deunos a oportunidade de navegar nesta marabillosa contorna.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Desta volta decidimos enfocar as nosas experiencias á figura de Florencio Delgado para descubrir cousas incríbles sobre a súa obra e vida. Elaboramos xogos relacionados coa información que pescudamos e mesmo recitamos poemas, dándolle musicalidade e o noso propio toque de imaxinación. 

Día da Muller 8 de marzo

Na Bibliotea Escolar do Ceip de Vilarmide- Eduardo Noya, a muller ten un recuncho destacado todos os días do ano. 

CELEBRAMOS O 8M

Hoxe fixemos unha pescuda de "mulleres pioneiras" a través da rede e a pequena selección de libros de esta temática que habitiltamos na biblioteca do noso centro. Ao remate do día centrámonos en varias pioneiras da nosa terra para facer os nosos traballos de investigación. Elisa Patiño foi unha das escollidas como preferidas polo alumnado. A historia desta primeira aeronauta galega encantounos. 

Lectura Dixital

Enlace Biblioteca Dixital (E-ELBE.2):

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

 

Temos xa dispoñible no centro esta marabillosa plataforma de préstamo, asociada á biblioteca do noso centro. Acceso para toda a comunidade educativa, incluidas familias, que poderán disfrutar desta gran ferramenta con máis de 3000 títulos dispoñibles e a posibilidade de acceder a través de ata 6 dispositivos. Cada usuario terá o seu contrasinal de acceso.

 Para máis información ler as instruccións abaixo adxuntadas.

Prazo de admisión

O prazo de admisión do novo alumnado para o curso 2022-23 será dende o 1 ata o 21 de marzo.

Documentación requerida: Formulario ED550B de solicitude de admisión e fotocopia do DNI do neno/a ou do Libro de Familia.

No número 881880798 podemos informarvos ou axudarvos no que precisedes.

 

GAMIFICACIÓN DO ENTROIDO

Canto sabes do Entroido?aquí vos deixamos unha pequena gamificación para descubrir cousas sobre o entroido. Pero moito ollo, comezamos coas figuras máis salientables da provincia de Ourense que, coma ben sabes, é onde máis tradición hai. Recorda que existen outras rexións de Galicia e do resto da península que tamén disfrutan desta festividade, mesmo no resto do mundo, con centos de similitudes e parecidos. O seguinte nivel será para expertos máis avanzados no tema. Animámoste a que o intentes tantas veces como queiras. 
Distribuir contido


by Dr. Radut