Skip to Content

2º Ciclo

O mar na escola 2022

Gran día para despedir o curso na escola de vela de Muxía. O mar coma un prato e grandes doses de emocións. 

PRIMERIA SAÍDA

A primeira saída do ano foi a Muxía, non puido ser doutro modo. Puidemos facer unha visita á exposición de Gervasio Sar onde descubrimos a gran obra deste artista muxián e ademáis disfrutamos de momentos marabillosos na contorna da Vila. 

A NOSA HORTIÑA

A nosa horta  vai collendo forma. Xa vemos os resultados. Cada grupo foi aportando o seu gran de area e agora xa podemos disfrutar de ricas ensaladas e fresas 100% naturais.

Tríptico das Biosferas

Aparecéusenos este aterrador becho na nosa aula e decidimos pescudar información sobre él. Elaboramos ao longo do curso diferentes trípticos con pequena información sobre os bechos e as plantas que máis nos chaman a antención.

AS BIOSFERAS

Ás veces os contidos de ciencias lévanos a moitas inquedanzas e a ter sobre todo unha ilusión polas cousas que suceden na nosa contorna. A través das biosferas pretendemos aprender e observar o comportamente de algunhas pequenas especies así como comprender o funcionamento dos ecosistemas. Investigamos sobre todo o que precisan algunhas especies para sobrevivir e mesmo reflexionamos sobre que é o que precisamos na vida. 

Distribuir contido


by Dr. Radut