Skip to Content

Complementarias

CELEBRAMOS O 8M

Hoxe fixemos unha pescuda de "mulleres pioneiras" a través da rede e a pequena selección de libros de esta temática que habitiltamos na biblioteca do noso centro. Ao remate do día centrámonos en varias pioneiras da nosa terra para facer os nosos traballos de investigación. Elisa Patiño foi unha das escollidas como preferidas polo alumnado. A historia desta primeira aeronauta galega encantounos. 

GAMIFICACIÓN DO ENTROIDO

Canto sabes do Entroido?aquí vos deixamos unha pequena gamificación para descubrir cousas sobre o entroido. Pero moito ollo, comezamos coas figuras máis salientables da provincia de Ourense que, coma ben sabes, é onde máis tradición hai. Recorda que existen outras rexións de Galicia e do resto da península que tamén disfrutan desta festividade, mesmo no resto do mundo, con centos de similitudes e parecidos. O seguinte nivel será para expertos máis avanzados no tema. Animámoste a que o intentes tantas veces como queiras. 

SAÍDA FIN DE CURSO 3º E 4º EP.

Estas son alguns dos momentos de disfrutre da actividade de vela. Bravo por estes nenos e nenas de 3º e 4º de primaria.

A NOSA HORTIÑA

A nosa horta  vai collendo forma. Xa vemos os resultados. Cada grupo foi aportando o seu gran de area e agora xa podemos disfrutar de ricas ensaladas e fresas 100% naturais.

DÍA DA ÁRBORE

Grazas ao día da árbore puidemos descubrir a infinidade de especies autóctonas e de outras latitudes integradas na nosa contorna. En especial chamounos moito a atención esta especie xaponesa tan polifacética. Esperamos poder seguir ampliando a riqueza do noso patio escolar. Velaí van as nosas recomendacións da biblioteca e os nosos traballos de aula nas que cada grupo puido indagar sobre unha árbore e posteriormente compartilo.

Momentos do Entroido

As mandas do Meco, o Charrelo, os obradoiros de máscaras, de comadres e compadres e, por último, disfrace libre. A pesares do Covid-19 puidemos celebrar o entroido e disfrutar dos nosos divertidos atuendos. Viva o Entroido!! 

O ENTROIDO 2022

Este ano descubrimos novas personaxes do entroido. Unha delas é "O Charrelo" de A Veiga. Na serra de Pena Trevinca recuperáronse diversas personaxes coma o boi, o home de Prada, a morte e o mesmo Charrelo que durante o entroido fai a súa labor ao ritmo dos bombos e as aixadas do folión. A través dos obradoiros das experiencias puidemos facer unha representaciónd esta figura. 

Distribuir contido


by Dr. Radut