Skip to Content

Secretaría

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Durante este curso realizarase no Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do

Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto.

Toda a información relativa a este proceso poderedes seguila a través desta publicación.

Constitución xunta electoral  

 

Información representantes Pais/Nais no Consello escolar

 

Candidaturas sector Pais/Nais 

 

Proclamación de membros elexidos

 

Continua o proceso de elección de novos membros para o Consello escolar do centro. 

1. -Corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dos cales 2 electos e 1 proposto pola ANPA do centro, dun total de  5  que debe ter o Consello Escolar. Os outros  2  representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección  no ano 2021.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo que está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao  Censo realizaranse antes  do día 16 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial (Modelo de condidatura). As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 16 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 17 de novembro, ás 09`15 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Dirección do Centro, que exercerá a presidencia, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 18 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

As votacións realizaranse o martes 29 de novembro.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL 2022-23

Nos seguintes enlaces poderedes consultar os libros de texto e material para o vindeiro curso 2022-23.

 

Libros de texto

Material escolar

AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR.

Dende o Concello informannos de que este ano adiántase o prazo para solicitar as axudas municipais para material escolar e comedor. podedes consultar parte de información no seguinte enlace.

Axudas Municipais

Comunicado Oficial Claustro de profesores

  Despois de recibir a solicitude por parte dalgunha familia, a ANPA e  visto o malestar xerado na Comunidade educativa, o Claustro do CEIP de Petelos decidiu que:

1. A pesar de que cambiou o protocolo e agora é mais aberto, dende a Consellería continúase coa recomendación xeral de evitar aglomeracións.

2. Considerámonos un claustro aberto as propostas, sempre que se fagan en tempo e forma , empregando as canles oportunas e coa antelación suficiente para poder resolver as dificultades que poidan xurdir.

3. Moitas familias planifican a asistencia ao festival con tempo, polo que consideramos discriminatorio de cara a éstas un cambio de última hora por ser precipitado.

  Polo que decidimos por maioría que os pais/nais non asistan ó festival mantendo a decisión inicial do Claustro  e comunicada no Consello escolar do día 7 de xuño.

   O que pedimos as familias é que respeten a decisión do Claustro e permitan os nenos e nenas e gozar da súa festa de fin de curso.

Desexando que o próximo curso poidamos celebrar esta festa todos xuntos.

Lembrade que esta actividade igual que o resto das feitas o longo do curso será subida a páxina web do centro.

FONDO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimados pais e nais

Comunicamosvos que no DOG do mércores, 18 de maio,  saiu publicada a orde pola que se convoca a participación no fondo solidario e as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2022-2023.

Podedes atopar as solicitudes na secretaría do centro. Tamén estará dispoñible no portal educativo http://www.edu.xunta.gal, así como na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal (ED330B). Recoméndase a tramitación telemática da solicitude a traves da sede electrónica

  

BENEFICIARIOS: Alumnado de 1º, 2º, 3º,4º,5º e 6º de Primaria no curso 2022-2023

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:   Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño na Secretaría do Centro ou presentación electrónica. Presentarase unha solicitude única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro no curso 2022/2023.

           

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA TODO O ALUMNADO DE  3º, 4º, 5º E 6º

         IMPORTE DAS AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO (SÓ 1º E 2º ED. PRIMARIA):

  

Hasta 6000 € de renta per cápita                210€

  

Entre 6000,01 € e 10000€                         140€

           IMPORTE DAS AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR (TODO O ALUMNADO DE Ed. Primaria):

  

Hasta 6000€ de renta per cápita                 50€

 Para calcular a renta per cápita da familia sumaranse os recadros 435(base impoñible xeral) e 460(base impoñible do aforro) da declaración da renda de 2020 e o resultado dividirase entre o número de membros da familia. (Situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2020, agás no relativo a violencia de xénero).

       

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

      

Solicitude de axuda, (anexo I , pode recollerse na secretaría do centro)

    Anexo II – comprobación de datos dos membros da unidade familiar

    Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro en día 31 de decembro de 2020, entón, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou  convenio regulador onde conste a custodia do causante ( se a custodia e compartida deberán figurar ámbolos dous proxenitores, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos socias que acredite a situación familiar.

    Certificado grao de discapacidade.

   No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

O alumnado incluido no Proxecto de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/2023 (5º e 6º Ed. Primaria) estará excluido do fondo solidario pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º  que reciban libros de texto do fondo solidario, terán a obriga de conservalos en perfecto estado para incorporalos ao rematar o curso escolar 2022/23 a un fondo solidario do centro (banco de libros) que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos (artigos 5.1 e 5.2).

O prazo máximo para a devolución dos libros de texto do ano 2021-2022 será o 22 de xuño         

Listas definitivas de admitidos curso 2022-2023

Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos para o vindeiro curso escolar 2022-2023.

 

A consulta pode facerse:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

Proceso Admisión Alumnado

Un ano mais por estas datas aproxímase o período de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar.

O período de solicitudes abrangue dende o 1 ao 21 de marzo. 

As solicitudes poden presentarse de xeito presencial na secretaría do centro, ou a través da sede virtual no seguinte enlace

Poden descargar a solicitude aquí 

 

    Datas proceso de admisión novo alumnado

     Prazas vacantes

 

 

Se teñen algunha dúbida poden poñerse en contacto con nos a través do teléfono do centro 886110360 ou a través do correo electrónico ceip.petelos@edu.xunta.es.

 

XORNADA PORTAS ABERTAS 2022

Debido a situación sanitaria actual, este ano tomamos a decisión de non realizar, como si fixemos en anos anteriores, unha xornada de portas abertas, para que os pais dos nosos futuros alumnos coñezan o noso centro. 

Pero non queremos deixar pasar estas datas sen que coñezades o noso centro, polo que as visitas serán mediante cita previa os días 22 e 8 de marzo en horario de 16:00 a 17:00 horas. Para concertar cita podedes facelo por teléfono ou a través do noso correo electrónico.

 

A Continuación tedes unha breve presentación do noso colexio. Esperamos que a disfrutedes.

INFORMACIÓN COVID-19

Nova actualización do protocolo COVID sobre a xestión de contactos.

Pódese consultar no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36419

 

Ante o alto número de casos de COVID-19 que se están a rexistrar e gran cantidade de dúbidas entorno os contactos e as corentenas, poñemos a vosa disposición 2 arquivos onde poderedes consultar información referente as corentenas e medidas a tomar.

 

Información rede de contactos dun caso esporádico

Información contactos con corentena

Eleccións Consello Escolar 2021

Estimadas familias:

Comeza o proceso de renovación do Consello Escolar do centro. Aquí poderedes consultar todo o relativo o proceso de renovación.

Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Presentación Eleccións Consello Escolar

Convocatoria Eleccións sector pais/nais

Modelo presentación candidaturas

 

Poden consultar as candidaturas presentadas no seguinte enlace

Candidaturas presentadas sector Pais/nais de alumnos

Distribuir contido


by Dr. Radut