Skip to Content

Vexo, Veo Xacobeo

Vídeo "Vexo, Veo Xacobeo"

Ola familias, aquí vos deixamos o vídeo realizado co noso paso polo Camiño de Santiago e a actividade realizada a través do programa "Vexo, Veo Xacobeo".

 

OS RETOS DO CAMIÑO POR MOS

      Na clase de 5 anos, durante nove semanas, estivemos facendo un xogo relacionado con proxecto que estabamos a traballar: Bo Camiño.

      Son moitas as sinais e os símbolos do Camiño que hai en Mos, por iso cada fin de semana tiñamos que localizar un e dicir en que barrio ou parroquia se atopa.

     A implicación das familias foi moi alta, e froito diso está o seguinte video que recolle todas as imaxes que foron enviando.

    Unha vez máis GRAZAS pola vosa implicación.

SAÍDA VEXO VEO XACOBEO

En 5 anos estamos traballando un proxecto titulado BO CAMIÑO, no que aprendemos moitas cousas sobre O CAMIÑO DE SANTIAGO.

O pasado 15 de xuño fomos ata o pazo de Mos para facer un tramo do Camiño Portugués ao seu paso por Mos.

Esta saída estaba incluída dentro do programa Vexo Veo Xacobeo da Xunta de Galicia no que participamos infantil e 1º e 2º de primaria.

Tivemos uns anfitrións moi especiais que nos fixeron pasar moi bo rato, como xa veredes de seguido.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut