Programacións

Programacións educativas

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023 -2024

A través desta publicación e clicando en cada un dos cursos ou etapa, poderedes acceder ao contido de cada unha das programacións didácticas para o curso 2023- 2024:

- EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA (áreas impartidas na titoría): 

- ESPECIALIDADES

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CURSO 2023-24

Publícase a Programación Xeral Anual para o curso 2023-24 trala súa aprobación nos Claustro e Consello Escolar celebrados o pasado martes 3 de outubro de 2023.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE AVALIACIÓN DO 3º TRIMESTRE DO CURSO 2019-2020

Seguindo a Instrución do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, a continuación detállanse as revisións das programacións didácticas para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 de cada un dos niveis que se imparten no centro así como de cada unha das especialidades ofertadas dentro das ensinanzas de réxime xeral (Educación Física, Primeira Lingua Estranxeira - Inglés, Relixión Católica, Plástica no Plurilingüismo de 1º a 5º de Primaria, Música, Libre Elección de Centro- Robótica).

Nos documentos adxuntos teñen toda a información detallada da que reseñamos os seguintes aspectos:

- realizarase un seguemento de todo o alumnado como xa ven facendo durante todo este período de confinamento.

teranse en conta, á hora de avaliar, todas as tarefas achegadas a través das diferentes canles que o centro puxo á disposición das familias.

a avaliación destas tarefas posuirá un carácter diagnóstico e en beneficio do alumnado.

manterase especial atención a aquel alumnado con maiores dificultades e que precisen reforzar, recuperar e/ou apoio educativo.

Distribuir contido