Actividades

ACTIVIDADE BALONMÁN

Dende o Clube ACD Asmubal Meaño e en colaboración coa ANPA O Castro de Castrelo, achegan información sobre unha actividade a desenvolver no pavillón do noso colexio entre o 4 de setembro de 2023 e o 31 de outubro deste mesmo ano. Teñen toda a información detallada sobre o mesmo nos documentos adxuntos.

OBRADOIROS E CHARLAS PARA AS FAMILIAS: CUESTIONARIO

As familias son parte importantísima na labor educativa e de desenvolvemento dos nosos nenos e nenas. Por eso, queremos coñecer que inquedanzas existenten na comunidade educativa así como ofrecer a oportunidade de participar en obradoiros sobre tecnoloxía que se impartirán no centro sempre que haxa demanda dos mesmos así como en temáticas de diferentes tipos. Para poder participar tanto nos obradoiros como na escolla das temáticas das charlas, deberase cumprimentar o seguinte cuestionario.

 

ALIMENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR. PRIORIDADES E PROBLEMAS MÁIS FRECUENTES

Desde a E.E.I Plurinfantil da Pastora  e en estreita colaboración co CFR de Pontevedra, organizan o vindeiro día 10 de decembro de 2021 ás 18:00 h unha charla online sobre alimentación en idade escolar, prioridades e problemas máis frecuentes. Invítase a toda a comunidade escolar, tanto familias como profesorado, a participar na mesma posto que é un tema que preocupa e inqueda a moitas familias.  Esta charla formará parte da Escola de Familias a desenvolver neste caso promocionado pola E.E.I. da Pastora aínda que aberta a todos e todas dada a importancia do asunto a tratar. 

A ligazón á charla atópase no arquivo adxunto así como neste enlace. Clica aquí

Distribuir contido