PROCESO DE RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

Dende o día 15 de xaneiro de 2024 ata o día 5 de febreiro de 2024 ábreseo prazo para a solicitude de reserva de praza no centro de adscrición para que o alumnado de 6º de Primaria poida continuar os seus estudos obrigatorios. O centro adscrito é o IES Francisco Asorey. Este trámite poderase realizar a través de dúas vías:

  • modo presencial/físico no centro: a través da solicitude que se enviará ás familias ou a través da creación do formulario a través da seguinte  Aplicación Admisión Alumnado clicando no menú Solicitudes- Reserva- Crear. Se se opta por esta vía, sempre se deberá entregar no centro.
  • modo telemático: a través da aplicación anterior sempre que se dispoña dun certificado dixital ou acreditación válida (chave 365).

Aquel alumnado que non desexe reservar no centro adscrito, deberá consultar os prazos de reserva de praza naquel centro ao que queira optar no vindeiro curso.