NOTA INFORMATIVA DA ANPA

Estimadas familias: 

Este curso o uso do comedor foi mermando e na actualidade acuden só 4 nenos ó servizo.
Foi un proxecto que custou moito acadar e corremos  o risco de que poda desaparecer no próximo curso. As medidas de prevención ante a pandemia xerada pola Covid son extremas, pero engadir que tamén se contemplan xa de novo de cara ó vindeiro curso, a posibilidade de alternar os días que acudirán ó comedor (moi demandada por nais/pais mariscadores) ou a de facer un uso esporádico do mesmo. 
 
Aproveitamos tamén para nomear algunhas das accións da Anpa durante ó curso que estamos preto de rematar:
- Dotación de recursos para o patio e traballo de colaboración co profesorado do centro. 
- Organización de forma conxunta cos profesionais  do centro e coa dona dun invernadoiro de visitas ó mesmo de todo o alumnado de primaria. 
- Búsqueda e organización de actividades extraescolares con descontos e beneficios para os socios. 
- Contratación dun mago para o remate do curso que dará tres funcións no centro para dar o colofón final a un ano tan complexo. 
- Ofertar unha Escola de Verán con prioridade e mellores prezos para os/as socios/as. 
- Realizar un detalle especial ós alumnos/as que rematan a súa etapa educativa no colexio. 
- Coordinación co concello.
...
Todo esto non sería posible sen a axuda de todas as familias que vos facedes socias. A nosa idea é seguir facendo cousas e cantos máis sexamos, máis podemos facer! Por iso damos as grazas a todos os/as socios/as por confiar en nós e por formar parte desta gran familia. 
 
Para os que non son socios, animámosvos! Ó inicio do vindeiro curso poderedes facelo. Son 12€ ó año por familia (teñan un neno ou tres, ou catro...)
 Un saúdo.
A Directiva da ANPA O Castro de Castrelo