DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Dacordo coa Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria(...) en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, publicada no DOG nº 230 do 13 de novembro de 2020, infórmase da apertura do prazo de solicitude para a adquisición de máscaras para o alumnado de educación primaria que será dende o 16 de novembro ata o 27 de novembro de 2020, ambos días inclusive.

NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2020/2021 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento.

 

Si poderán presentar solicitude aquel alumnado que non foi beneficiario desta axuda e que cumpra con algunha das seguintes condicións:

- que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

- alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.

 

Xunto coa solicitude que se achegará dende o centro, deberase entregar documentación complementaria podendo variar esta dependendo da situación familiar:

- Anexo II (achegarase dende o centro)

- copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convencio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor

- certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- documentación xustificativa da situación de violencia de xenero no ámbito familiar.

- resolución xudicial da incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

Para tramitar a solicitude, deberase solicitar cita previa (886 151 171 / 886 151 172). Para calquera consulta, poden contactar co centro a través dos teléfonos anteriores ou ben a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal