AVALIACIÓN E NOVAS DENDE A CONSELLERÍA

Publicadas as últimas informacións dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (clica aquí para ver o contido), informamos á comunidade educativa das seguintes novas:

- procederase a avaliar o segundo trimestre co traballado nas diferentes áreas e materias ata a suspensión das clases pola situación actual de estado de alarma e alerta sanitaria ( 13 de marzo de 2020)

- polo tanto, modificaranse contidos e competencias básicas de cara o terceiro trimestre.

- non se realizarán neste curso académico as probas de diagnóstico nos niveis de 3º e 6º de Educación Primaria.

 

As cualificacións do alumnado, tanto de Educación Infantil como da etapa de Educación Primaria, publicaranse o venres 3 de abril de 2020 ás 13:00 h. O medio da súa publicación será a aplicación Abalar Móbil, polo que aconsellamos ás familias que se non a teñen instaladas nos seus dispositivos electrónicos (móbil, tablet...) o fagan nestes días. Para proceder á descarga poden facelo dende a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Unha vez retomadas as clases, farase entrega do boletín en formato papel para proceder á firma do resgardo do mesmo como xa é habitual.

Lembramos e recomendamos que revisen esta páxina web xa que nela estanse a subir recomendacións, tarefas, actividades... para o alumnado que poden facer dende as súas casas. Poden facer chegarnos calquera imaxe, vídeo, audio... dalgunha das actividades feitas a través do correo do centro (ceip.castrelo@edu.xunta.gal) para posterior realización de actividades, murais, vídeos... sendo protagonistas desto todo o noso alumnado.