Skip to Content

Seguimento Covid

Estimadas familias,

Como seguro que sabedes, na web da Consellería de Educación pódese facer un seguimento do estado de casos COVID19 nos centros educativos da comunidade. Tanto no día de onte como no de hoxe, aparece o noso centro con 2 Casos Covid19. 

Desde o centro queremos comunicar a nosa sorpresa xa que deberiamos aparecer xa con 0 casos segundo os nosos datos (ou directamente non aparecer). Non temos constancia a día de hoxe e a esta hora de ningún caso positivo no noso alumnado. Si temos, por outra banda, alumnado que está gardando corentena domiciliaria por ser contacto estreito dun positivo confirmado, seguindo estritamente as normas sanitarias.

Comunicamos esta situación ao Centro de Seguimento de Contactos (CSC), entendendo ambas partes que é un erro na xestión dos datos e agardamos que a documentación sexa actualizada nos próximos días pola autoridade sanitaria para tranquilidade de todos/as.

Un cordial saúdo

O Equipo Covid19



blog | by Dr. Radut