Skip to Content

BIBLIOTECA TROTAAUGAS

 

REVOLTALLO DE COUSAS

VOZ NATURA

PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

RAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E DE MATRÍCULA DO ALUMNADO.

A) Lexislación aplicable:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro de 2022 polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e Bacharelato, reguladas na LOE.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

B) Prazos previstos: 

PRAZOS

PROCESOS

DOCUMENTACIÓN E XESTIÓN

Antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Publicación na web e no taboleiro interno do centro.

Páxina de información: AdmisiónAlumnado

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación de solicitude de praza ordinario (noutros centros ou nova admisión).

Impreso de solicitude (ANEXO II - ED550B):

En galego.                                             En castelán.

*Pódese recoller no noso centro educativo concertando cita previa.

Fotocopia do DNI do neno/a ou da folla correspondente do libro de familia.

Certificado de empadroamento.

De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

De ser o caso, certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiarSe solicita praza nun curso distinto de 4º de E. Infantil, certificación de matrícula e/ou académica do centro de orixe.

25 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas

Publicación no taboleiro interior do centro.

15 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Publicación no taboleiro interior do centro (expostas ata comezo do curso seguinte).

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria.

Presentación da documentación (facilítase no cole):

- ANEXO III-1.

- Documentación solicitada polo centro.

 

C) Información importante:

- Se se quere facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro pedido en primeiro lugar.

- Presentar varias solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder, a non ser que se renuncie expresamente por escrito ás solicitudes anteriores.

- No caso de que a solicitude estivese correctamente cumprimentada e o número de solicitudes presentadas fose inferior ao número de prazas ofertadas polo centro, o/a alumno/a aparecerá na listaxe provisional de admitidos que será publicada antes do 25 de abril.



blog | by Dr. Radut