APA

MENÚ COMEDOR SEGUNDO TRIMESTRE CURSO 2018/2019

Achegamos menú comedor curso 2018/2019 segundo trimestre

Xunta Ordinaria de Socios da APA o día 24 de novembro ás 16:00 horas

15/11/2016 14:17
Europe/Madrid

APA PARQUE DE BELONA 

 CEIP CURROS ENRÍQUEZ.                   

Estimadas Familias,

Poñémonos en contacto para convocar Xunta Ordinaria de Socios da APA o día  24 de novembro ás  16:00 horas en primeira convocatoria e ás  16:30  horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1.  

Lectura e aprobación  de actas pendentes.

2.  

Informe económico exercicio 2015-16.

3.  

Resumo curso 15/16 e comezo do actual.

4.  

Denuncia furto.

5.  

Situación actual da APA.

6.  

Aprobación do reparto de Subvención de Comedor mediante cheque bancario.

7.  

Valoración e creación de “comisións de traballo”: Libros, Nadal, activ extraescolares, Entroido, Fin de Curso….

8.  

Rogos e preguntas.

 

 

Un saúdo.

 

 

Puedes descargar la circular haciendo click aqui

Información sobre actividades

27/09/2016 13:47
Europe/Madrid

Queridas familias,

rematado xa o prazo posto pola Federación Provincial de APAs para inscribirse nos programas Deporte no Centro, POE e Natación; a APA Parque de Belona alégrase de que nas seguintes actividades se acadaran o cupo de alumnos necesario para poder levalas a cabo.

As actividades nas que se formou grupo son:

- Prepatín

- Xogos rítmicos

- Baile Moderno

- Ximnasia rítmica

- Multideporte

- Natación

- POE DE LUNS A VENRES.

Mágoa que Patín, Xadrez e Xogos tradicionais non acadaran o número de alumnos esixido. Estamos a espera de confirmación pola Federación de APAS se permiten a súa realización con menor numero de alumnos. En canto saibamos a súa decisión comunicarémolo polas vías de costume (circular, web, cartaz na fiestra da oficina…).

Das actividades ofertadas pola APA só fallan uns poucos alumnos para acadar o número necesario en Fútbol e en Robótica de 5º e 6º EP. Animamos a que os inscribades, xa que ó ser dependentes da APA, e non da Federación, aínda podedes facelo.

NOVA ACTIVIDADE:

Tras a reunión coas familias do día 14, presentóusenos a demanda dunha actividade os martes de 16:00 a 17:00hs, con gran esforzo presentamos a actividade de

ARTES PLÁSTICAS:

Dirixida a Educación Primaria, desenrolarán múltiples e diferentes formas e técnicas artísticas onde o alumno descubrirá a sua propia capacidade creativa.

Precísase dun mínimo de 10 alumnos.

O día de comezo será o martes 11 de outubro.

Prezo: 12 €/mes

Moitas grazas pola vosa colaboración e esforzo para sacar adiante as actividades.

HORARIO DA APA

MARTES DE 9 a 10

MÉRCORES DE 16 a 17

 

Podes descargar esta circular facendo click aqui

Enquisa de Uniformidad en Colexio Curros Enriquez

03/05/2016 10:50
Europe/Madrid

Enquisa Unidormidad Colexio Curros Enriquez

 

Estimadas familias,

A APA Parque de Belona quere agradecer a todas as familias que respostaron ao cuestionario proposto desde esta asociación sobre o uso do uniforme escolar.

Non se acadou a porcentaxe de participación necesaria para ter en conta o resultado da enquisa –apenas se chegou a un 54% do 75% que se precisaba; tampouco consideramos que exista unha vontade de implatación de  uniforme, xa que dos cuestionarios respostados  non se acadou o 75% de votos afirmativos.

Polo tanto, a APA Parque de Belona considera  que non é viable a implantación do uniforme no vindeiro curso académico.

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!

 

P

Encuesta Uniforme de APA Colexio Curros Enriquez de A Coruña

22/04/2016 13:51
Europe/Madrid

 

 

Uniforme no Colexio Curso 2016-2017 Enquisa.

Estimadas familias:

Na  última asemblea de Socios da APA Parque de Belona algúns/algunhas pais/nais   manifestáronnos o seu interese sobre a implantación de uniforme escolar  optativo no centro.

Puxemos en marcha un cuestionario a todas as familias de alumnos (socios e non socios) para coñecer a vosa opinión ao respecto.

En primeiro lugar queremos deixar claro que a APA é soamente unha vía para canalizar dita inquietude, sen estar de acordo nin en desacordo coa proposta. De feito, dentro da Xunta Directiva temos opinións diferentes e é por iso que queremos  que  de forma respectuosa todos podamos expresar a nosa opinión ao respecto.

Detalles da consulta:

-         

O prazo de entrega do cuestionario será entre o 11 e o22 de abril de 2016.

-         

Soamente se cumprimentará un cuestionario por familia.

-         

Para considerar que existe un desexo de implantación de uniforme, deberán así manifestalo un 75% das familias preguntadas.

-         

O cuestionario será tomado en conta se a responde ao menos un 75% das familias do centro (socios e non socios da APA).

-         

Se o resultado da consulta é afirmativo, o Consello Escolar deberá ratificalo.

-         

En todo caso o uniforme será de CARÁCTER OPTATIVO.

-         

A consulta non pode ser anónima para poder asegurar a fiabilidade desta, polo que o cuestionario deberá ser totalmente cumprimentado.  Garantirase a confidencialidade dos datos e opinións con respecto ao uso do uniforme escolar.

-         

A opinión expresada no cuestionario NON é vinculante, é dicir, non se obrigará a ninguén a  seguir o que manifestara no mesmo. De todos os modos rogamos COHERENCIA NAS RESPOSTAS.

-         

Unha vez cumprimentado o cuestionario, podédelo  entregar ao tutor dos vosos fillos,  nas nosas oficinas ou mandar correo electrónico a parquebelona@gmail.com.

-         

Terminado o prazo da sondaxe, e realizado o reconto de votos,  procederase a informar as familias do resultado obtido e de qué pasos se seguirán a continuación.

Desexamos destacar a importancia da vosa participación, xa que desde a Xunta directiva da APA  o que se quere é que a decisión,  sexa tomada pola maioría das familias con fillos no centro.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Podes descargar esta circular e a enquisa facendo click aqui

Cobro Subvención Comedor 2014-2015

04/03/2016 15:49
Europe/Madrid

SUBVENCION DE COMEDOR DOS QUE FIXERON USO NO ANO 2014-2015

Estimadas familias:

Temos á vosa disposición o importe da SUBVENCIÓN DE COMEDOR  para aquelas familias que fixeran uso deste servizo durante o curso escolar 2014-2015.

Deberán acudir á oficina da APA no noso horario habitual para facer  efectivo o cobro a partir do 7 de marzo.

O prazo para recoller a subvención será dun mes. Pasado o cal, os importes non devoltos  se considerarán unha doazón  á APA Parque de Belona.

HORARIO  APA

MARTES  de 9:00 a 10:00hs.  

MÉRCORES de 16:00 a 17:00hs

                                                                

                                                                        Pode descargar esta circular facendo click aqui

 

 

Magosto no Colexio 2016

17/11/2015 13:21
Europe/Madrid

                                                                                                                     MAGOSTO 2016 

Outro ano máis, a APA do Colexio Curros Enríquez volveu participar con zumes e augas nunha xornada de celebración do tradicional Magosto galego no que os nenos e nenas disfrutaron de comer castañas asadas.

¡Pasámolo de maravilla e os cativos tamen!

Podedes ver as fotos!

 

Distribuir contido