Actividades, APA, Novas

Encuesta Uniforme de APA Colexio Curros Enriquez de A Coruña

22/04/2016 13:51
Europe/Madrid

 

 

Uniforme no Colexio Curso 2016-2017 Enquisa.

Estimadas familias:

Na  última asemblea de Socios da APA Parque de Belona algúns/algunhas pais/nais   manifestáronnos o seu interese sobre a implantación de uniforme escolar  optativo no centro.

Puxemos en marcha un cuestionario a todas as familias de alumnos (socios e non socios) para coñecer a vosa opinión ao respecto.

En primeiro lugar queremos deixar claro que a APA é soamente unha vía para canalizar dita inquietude, sen estar de acordo nin en desacordo coa proposta. De feito, dentro da Xunta Directiva temos opinións diferentes e é por iso que queremos  que  de forma respectuosa todos podamos expresar a nosa opinión ao respecto.

Detalles da consulta:

-         

O prazo de entrega do cuestionario será entre o 11 e o22 de abril de 2016.

-         

Soamente se cumprimentará un cuestionario por familia.

-         

Para considerar que existe un desexo de implantación de uniforme, deberán así manifestalo un 75% das familias preguntadas.

-         

O cuestionario será tomado en conta se a responde ao menos un 75% das familias do centro (socios e non socios da APA).

-         

Se o resultado da consulta é afirmativo, o Consello Escolar deberá ratificalo.

-         

En todo caso o uniforme será de CARÁCTER OPTATIVO.

-         

A consulta non pode ser anónima para poder asegurar a fiabilidade desta, polo que o cuestionario deberá ser totalmente cumprimentado.  Garantirase a confidencialidade dos datos e opinións con respecto ao uso do uniforme escolar.

-         

A opinión expresada no cuestionario NON é vinculante, é dicir, non se obrigará a ninguén a  seguir o que manifestara no mesmo. De todos os modos rogamos COHERENCIA NAS RESPOSTAS.

-         

Unha vez cumprimentado o cuestionario, podédelo  entregar ao tutor dos vosos fillos,  nas nosas oficinas ou mandar correo electrónico a parquebelona@gmail.com.

-         

Terminado o prazo da sondaxe, e realizado o reconto de votos,  procederase a informar as familias do resultado obtido e de qué pasos se seguirán a continuación.

Desexamos destacar a importancia da vosa participación, xa que desde a Xunta directiva da APA  o que se quere é que a decisión,  sexa tomada pola maioría das familias con fillos no centro.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Podes descargar esta circular e a enquisa facendo click aqui

Cobro Subvención Comedor 2014-2015

04/03/2016 15:49
Europe/Madrid

SUBVENCION DE COMEDOR DOS QUE FIXERON USO NO ANO 2014-2015

Estimadas familias:

Temos á vosa disposición o importe da SUBVENCIÓN DE COMEDOR  para aquelas familias que fixeran uso deste servizo durante o curso escolar 2014-2015.

Deberán acudir á oficina da APA no noso horario habitual para facer  efectivo o cobro a partir do 7 de marzo.

O prazo para recoller a subvención será dun mes. Pasado o cal, os importes non devoltos  se considerarán unha doazón  á APA Parque de Belona.

HORARIO  APA

MARTES  de 9:00 a 10:00hs.  

MÉRCORES de 16:00 a 17:00hs

                                                                

                                                                        Pode descargar esta circular facendo click aqui

 

 

Os Reis Magos chegan a Curros Enriquez ¡BO NADAL!

17/12/2015 15:17
Europe/Madrid

¡OS REIS MAGOS CHEGAN A CURROS!

 

Os reis magos chegaron a curros, como ven sendo tradición nos ultimos anos, atentos, estiveros escoitando as inquedanzas e peticion de regalos dos nenos e nenas do noso centro.

Tamen para celebralo como merece, tivemos unha chocolatada nos que os rapaces o pasaron xenial.

Vos deixamos algunhas fotos dos reis e aproveitamos para desexarvos unas bos festas.

 

 

 

 

 

 

A ASOCIACIÓN DE PAIS DE ALUMNOS

 PARQUE DE BELONA

DO CEIP CURROS ENRÍQUEZ

DESÉXALLES

BO NADAL E

 

PRÓSPERO ANI NOVO

¡¡FELIZ 2016!!

Magosto no Colexio 2016

17/11/2015 13:21
Europe/Madrid

                                                                                                                     MAGOSTO 2016 

Outro ano máis, a APA do Colexio Curros Enríquez volveu participar con zumes e augas nunha xornada de celebración do tradicional Magosto galego no que os nenos e nenas disfrutaron de comer castañas asadas.

¡Pasámolo de maravilla e os cativos tamen!

Podedes ver as fotos!

 

Distribuir contido