Skip to Content

Ed. física

Xornada Convivencia Atletismo escolar

ATLETISMO ESCOLAR

 

Atletismo: origen, historia y pruebas de la competición

O pasado venres 24 de maio o Concello de Deportes organizou, dentro do programa Xogade, unha xornada de convivencia de atletismo nas pistas universitarias de Santiago de Compostelas. Nela participaron alumnos de distintos centros da contorna coruñesa en probas de:

  • 60 metros lisos.
  • Lanzamento de peso.
  • Salto de lonxitude.
  • 500 metros lisos.
  • Lanzamento de vórtex.
  • Remudas.

 

 

Por sorte o clima acompañou nesta xornada na que os rapaces de 3º e 4º de E.P. visitaron, moitos por primeira vez, unha pista de atletismo, identificando as distintas zonas dentro da meama e vivenciando algunhas modalidades deste deporte en condicións "reais" con xuices de atletismo. A emoción mantívose durante toda a mañá e o nivel de esforzo e compromiso que mostrou a nosa cativada foi abraiante. Deixounos unha pegada moi agradable e agardamos que noutras ocasións, teñamos a posiblidade de volver a participar.

 

Noraboa a todos!

Volve a carreira ENKI

 

O vindeiro 21 de outubro de 2023 volve a carreira ENKI a encher as rúas da Coruña. É unha oportunidade xenial para facer exercicio en familia xa que todo o mundo ten cabida con independenza do seu nivel ou capacidade xa que a fin é a inclusión de calqueira tipo de colectivo nun ambiente de diversión e colaboración.

Picando no enlace podedes acceder á páxina para realizar a vosa inscripción e averiguar máis sobre esta asociación.

 

No noso cole non nos imos manter á marxe e realizaremos unha xornada previa o día 20 de outubro de 2023, no que recrearemos esta carreira inclusiva de obstáculos coa participación de todo o alumnado e profesorado; dende os máis cativos ata os maiores. Estamos desexosos de que chegue o día!

E porque non probar o tenis de mesa?

  Este próximo xoves 12 de outubro no que non hai escola, o Club do Mar convídavos a probar unha xornada de tenis de mesa totalmente de balde. Tanto se xa practicastes este deporte coma senón... Animádevos a participar!

 

RUTA CICLISTA

MOBILIDADE SOSTIBLE: RUTA CICLISTA

  Despois de realizar varios talleres no colexio sobre mecánica de bicicleta, normas de circulación por vías urbanas e habilidade sobre rodas, o alumnado de 5º e 6º participou dunha saída pola contorna de Coruña.

 

  Xa ben cedo pola mañá, acudiron con cadansúa bicicleta ao colexio. Aproveitamos para rodar un pouco en grupo polo patio mentres agardábamos a ansiada chegada da policía local e os membros de Protección Civil. Explicaron cal sería o percorrido e as indicacións para unha circulación segura pola cidade. Acompañámolos tres mestres e o incansable conserxe. Saímos dende o centro e atravesando cidade e carril bici chegamos ao parque dos Menhires, onde fixemos unha parada para merendar e recuperar enerxías para a volta.

 

  A saída foi todo un éxito grazas á colaboracióń da Policía, que nos acompañou tanto en bicicleta coma nas motos, que regulaban e dirixían o tráfico nas zonas menos seguras.

E para que vos fagades unha idea do intenso que foi, velaquí unha mostra...

CAPOEIRA CORUÑA

GINGA!!!

6 movimentos básicos da capoeira

 

Que non sabedes o que é?  Pois non vos preocupedes, os nenos e nenas do Cornide si!

A asociación galega de Capoeira acudiu ao centro nas sesións de EF para ensinarlles unha chea de cousas relacionadas con este deporte tan interesante e atractivo de ver: a Capoeira. Mostraron os instrumentos, aprendemos o seu nome así coma o dos pasos básicos e a súa execución; cantamos e mesmo houbo tempo de batallas! Sempre buscando o respecto e o coidado do compañeiro.

 

TOWERS FOOTBALL

TOWERS FOOTBALL

escudo towers     

  Seguro que máis dunha vez escoitastes falar do fútbol americano pero, ollo! Non o confundades co rugbi. Nós, non nos conformamos con ver algún vídeo senón que grazas ao programa Coñece o meu club, dentro do PVAD, tamén o practicamos. 

 

  Varios integrantes deste equipo da localidade coruñesa de Cambre acudiron ao colexio para realizar sesións de aproximación a esta modalidade deportiva. Dende 1º a 6º e cada un en base ás súas posibilidades descubriron o fútbol americano, descoñecido para moitos deles. O enfoque foi principalmente lúdico e pasámolo especialmente ben. Iso sí, levoou un pouco de tempo aprender a manexar o balón, que ten un bote imprevisible e unha forma totalmente diferente aos que temos máis práctica en manipular.

 

Déivovos un enlace á súa páxina por se vos picou a curiosidade e queredes saber máis deles. E non hai excusas! Tamén teñen equipo feminino!!

https://towers.football/

O ATLÁNTICO PARTE DE TI

O ATLÁNTICO PARTE DE TI

 

  Un curso máis, o alumnado de 5º e 6º de EP participou no programa O Atlántico Parte de ti, organizado polas Consellerías de Deporte e Educación, e pensado para achegar o deporte da vela aos mozos e mozas desta idade.

 

  Nesta ocasión, a actividade celebrouse na praia de Oza, grazas ao Clube Marítimo de Oza. Nada máis chegar, procederon ao reparto dos neoprenos. Foi unha experiencia para moitos que nunca tiveran a ocasión de enfundarse neste material! Así equipados, o frío da auga non nos afectaría! Os monitores divaidiron ao grupo en dúas metades: mentras un aprendía e practicaba os fundamentos básicos da vela, o outro experimentaba co windsurf. Despois, intercambiaron os postos para vivir ambas experiencias. A actitude de monitores e nenos foi totalmente de entrega, as risas e a diversión permaneceron durante toda a xornada que deixou unha pegada inesquecible. Para poñerlle o rizo ao evento, déronnos unha merenda moi especial. 

 

 

 

Coñece o meu club: SILVA FC

COÑECE O MEU CLUB: SILVA CLUB FÚTBOL

 

Club Silva SD

É innegable o poder de atracción que ten o fútbol para a cativada e, dende a área de EF, non podemos deixar de aproveitar este tirón para afrontar os valores deste deporte e dirixilos cara un estilo lúdico no que predomine o xogo limpo e as ganas de pasalo ben fronte a gañar. Os entrenadores do Silva acudiron ao colexio para desenvolver unha xornada de aproximación a este deporte para os máis novos de primaria: os alumnos de 1º e 2º, algúns dos cales nunca tiveran contacto co mesmo. Foi unha oportunidade perfecta para que perdesen o medo e se iniciasen nos golpeos, as conducións e outras habilidades que fan o fútbol tan característico. En canto as condicións sanitarias o permitan, continuaremos con esta práctica nos recreos. Grazas equipo!

 

Coñece o meu club: EDUKAIUDO

COÑECE O MEU CLUB: EDUKAIUDO

Nuestras equipaciones - edukajudo

Os responsables e profesores do club Edukaiudo, que impartirán esta actividade coma extraescolar no centro, acudiron ao colexio a mostrarnos en que consiste este deporte. Non só fixeron unha exhibición senón que mesmo... O probamos!! Cativada de todos os cursos, dende infantil ata primaria, gozou cunha xornada deste deporte aprendendo técnicas sinxelas básicas e loitando de forma atenta e controlada cos compañeiros. 

Os obxectivos perseguidos foron os seguintes:

  • Posición de seguridade no judo chan.
  • A posición estable o inestable no chan. 
  • Introducción os volteos no judo chan. 
  • Exercicios e xogos que faciliten o descubremento guiado no judo chan. 
  • Aproximación a práctica libre no chan. 
  • A posición estable o inestable no judo pe. 
  • Exercicios de habilidade e introducción o concepto de estabilidade. 
  • Concepto de agarre e importancia de éste no Judo. 
  • Exercicios e xogos que faciliten o descubremento guiado de movementos no judo pe. 
  • Aproximación a práctica libre no judo pe

Foi unha experiencia que non deixou a ninguén indiferente e na que todos e todas aprendemos divertíndonos. Repetiremos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut