MOBILIDADE SOSTIBLE: RUTA CICLISTA
Despois de realizar varios talleres no colexio sobre mecánica de bicicleta, normas de circulación por vías urbanas e habilidade sobre rodas, o alumnado de 5º e 6º participou dunha saída pola contorna de Coruña.
Xa ben cedo pola mañá, acudiron con cadansúa bicicleta ao colexio. Aproveitamos para rodar un pouco en grupo polo patio mentres agardábamos a ansiada chegada da policía local e os membros de Protección Civil. Explicaron cal sería o percorrido e as indicacións para unha circulación segura pola cidade. Acompañámolos tres mestres e o incansable conserxe. Saímos dende o centro e atravesando cidade e carril bici chegamos ao parque dos Menhires, onde fixemos unha parada para merendar e recuperar enerxías para a volta.
A saída foi todo un éxito grazas á colaboracióń da Policía, que nos acompañou tanto en bicicleta coma nas motos, que regulaban e dirixían o tráfico nas zonas menos seguras.
E para que vos fagades unha idea do intenso que foi, velaquí unha mostra...
Anexo | Tamaño |
---|---|
20230615_094812.jpg | 4.72 MB |
20230615_105902.jpg | 2.94 MB |
20230615_105913.jpg | 2.48 MB |
20230615_130237.jpg | 4.43 MB |
20230615_105927.jpg | 1.79 MB |
20230615_105823.jpg | 7.23 MB |