Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto

Axudas á compra para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

b) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.

c) Para o alumnado matriculado en EE, en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 275 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

d) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será de 210 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

 

Fondo solidario para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, poderán acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

Ollo!!! En 3º e 5º de EP permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación aos currículos que establece a Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei Orgánica de Educación (LOMLOE).

En 4º e 6º de EP manteranse os libros de texto do cursos 2021/22

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros, con independencia da renda.

Vale de Material Escolar: Cheque de 50 euros para adquisición de material escolar no caso das familias con rendas inferiores a 6.000 euros

A solicitude será única para todos os fillos.

Prazo de presentación de solicitudes desde o 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos os dous inclusive.

Cálculo da Renda per cápita da unidade familiar

1. Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

2. A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas física

3. Para calcular a renda per cápita teránque sumar a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460), das persoas da unidade que teñan ingresos referentes á renda do 2020 – a que se presentou no 2021-,e dividila entre os membros da unidade familiar.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica  empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)

a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal,

ou ben presencialmente nos propios centros docentes

Na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcordoboullosa/ podedes descargar os impresos ou recollelos no colexio. Son dous anexos. Só é necesario cubrir un impreso para todos @s irmáns matriculados no centro.

 

 

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro