Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

SOLICITUDES PRAZAS COMEDOR ESCOLAR 2021-22

SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-22

Estimados pais e nais:

Ábrese o prazo para solicitar o uso do comedor escolar para o vindeiro curso 2021-22. O uso do servizo, de conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 132/2013 dará lugar ao aboamento dunhas tarifas.

Estas tarifas van a estar en función da Renda per cápita da unidade familiar, e poden ser os seguintes:

0 € (gratuíto)renda anual neta per cápita menor ou igual a 7.000 €

1 € por día    renda anual neta per cápita de 7.000,01 a 8.000 € ou familias de 3 ou mais alum@s do centro e renta per cápita superior a 7.000,01

2,50 € por día renda anual neta per cápita de 8.000,01 a 9.000 €

4,50 € por día renda anual neta per cápita igual ou superior a 9.000€

Para facer o cálculo explícase todo o proceso no anexo que se adxunta con esta nota. Hai que aclarar que os datos fiscais que hai que xustificar son os relativos a declaración da renda do ano 2020 (a declaración da renda presentada este ano)

A Consellería de Educación estableceu un total de 71 prazas para o noso comedor escolar.

A orde de preferencia para a admisión é a seguinte:

1º Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.

2º Alumnado usuario lexítimo do servizo de transporte escolar

3º Alumnado pertencente a unidades familiares  que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

4º Alumnado membro de familias numerosas

5º Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente.

6ª Outro alumnado do centro

O prazo para entregar as solicitudes será ata o 2 de xullo. É moi importante que o alumnado que viña facendo uso do comedor non se esqueza de entregar a solicitude, para saber se sobran prazas para ofertar ao resto do alumnado.

Cubride a solicitude que aparece no anexo que se adxunta nesta nova ou recollela no centro en horario de 10 a12 horas

 

O director

AdxuntoTamaño
Solicitude comedor 2021-22.doc264.5 KB

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro