Inicio de sesion

Iniciar sesión: Acceso

Fin de Curso

Os días 28 e 29 de xuño, os pais/nais do alumnado de  6º nivel, desde as 10:00 ata as 13:30  horas,  recollerán  no Centro o Historial académico dos seus fillos e fillas.

Os Vales para compra de material que foran concedidos e os vales para a compra dos libros de 1º e 2º entregaranse  dende o 5  ata o 13 de xullo.

O día 10 de xullo publicarase a resolución provisional da asignación de libros de texto, do fondo de libros,  para o alumnado  que cursará 3º a 6º de Educación Primaria no vindeiro curso  2021/22. O día 15 de xullo será a resolución definitiva. Os libros asignados pola Consellería  entregarémosllos ao alumnado nos primeiros días de setembro.

Lembrámoslles que para ter dereito aos libros do fondo, deberá ter devoltos todos os libros do curso actual.

O curso escolar 2021/2022 comezará  para todo o alumnado o día  9 de setembro e rematará o 22 de xuño do 2022

A dirección e o Claustro do profesorado do CEIP Manuel Cordo Boullosa quérevos agradecer o voso esforzo e colaboración para o desenvolvemento deste curso tan complicado debido a situación excepcional vivida a causa da Pandemia.

Un saúdo e bo verán.

Ponte Caldelas, 23 de xuño  de 202

Profesorado

 

 

 

Iniciativa ARCO

Operación cofinanciada pola Unión Europea
Programa Operativo FSE Galicia 2014 - 2020

“Conseguir unha educación de calidade”

 

O FSE inviste no teu futuro