Inicio de sesion
Axuda para a compra e presatamo de libros para o curso 2021-22
Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto
Axudas á compra para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
a)
Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.
b)
Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.
c)
Para o alumnado matriculado en EE, en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 275 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
d)
Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será de 210 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
Fondo solidario para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, poderán acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.
b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.
c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros, con independencia da renda.
Vale de Material Escolar: Cheque de 50 euros para adquisición de material escolar no caso das familias con rendas inferiores a 6.000 euros
A solicitude será única para todos os fillos.
Prazo de presentación de solicitudes desde o 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos os dous inclusive.
Cálculo da Renda per cápita da unidade familiar
1.
Para os efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.
2.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas física
3.
Para calcular a renda per cápita terán que sumar a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460), das persoas da unidade que teñan ingresos referentes á renda do 2019 – a que se presentou no 2020-, e dividila entre os membros da unidade familiar.
As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)
a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal,
ou ben presencialmente nos propios centros docentes
Na páxina web do centro http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcordoboullosa/ podedes descargar os impresos ou recollelos no colexio. Só é necesario cubrir un impreso para todos @s irmáns matriculados no centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
13492459.pdf | 1.79 MB |