Skip to Content

Secretaría, Horario, Becas e axudas, Libros de texto, Circulares, Admisión e matrícula, Calendario escolar, Documentos do Centro

INSTRUCCIÓNS E INFORMACIÓN BECAS NEAE

Prezadas familias.

Velaquí as instruccións e información que nos achegan sobre as becas NEAE.

 

Co obxecto de que non se retrasen os pagos é moi importante:

 

  • Leer atentamente as instruccións que se remiten.

  • O/A solicitante e sempre o/a alumna, nunca os pais ou outros familiares

  • Cubrir todo o impreso da solicitude segundo se indica na mesma.

Matrícula curso2021-22

Aqueles alumnos/as que solicitaron praza e foron admitidos deben formalizar a matrícula para o vindeiro curso do 20 ao 30 de xuño en horario de secretaería.

Ademáis deberán traer:

  • 4 fotografías de tamaño carné se resultaron admitidos para Ed. Infantil e 2 se é para Ed. Primaria.
  •  Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Axudas libros e material escolar curso 2021-22

O DOG do 20 de maio publica a convocatoria anual para solicitar axudas para comprar libros de texto para 1º e 2º de EP, participar no fondo de libros solidario para 3º, 4º, 5º e 6º de EP e axudas para material escolar para primaria. Pódese presentar as solicitudes ata o 22 de xuño.

A solicitude presentárase preferentemente por vía telemática(cos chave 365 ou certificado dixital)

Presencialmente na secretaría do centro de luns a venres de 9,15 a 9,45 e martes e venres de 13,10 a 13,30. Só pode subir  a secretaría unha persoa.

Tamén pode presentarse nun rexistro oficial

Becas comedor curso 2021-22

Prazo de solicitude do 5 ao 30 de abril.

Os impresos facilitaranse nas oficinas dos rexistros municipais e estarán tamén dispoñibles na sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es)

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

 

Admisión alumnado curso 2021-22

AVISO: Todas as solicitudes de admisión presentadas están admitidas. Deben formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño na secretaría do centro.

 

Entre o 1 e o 22 de marzo podedes solicitar praza para o vindeiro curso. A continuación deixamos diferentes enlaces con toda a información detallada do proceso de admisión. Lembrade que a presentación pode ser presencial ou telemática.

 

SOLICITUDE

CIRULAR INFORMATIVA CON VACANTES OFERTADAS

CRITERIOS DE VALORACIÓN

MAPA DE ZONA COLEXIOS CORUÑA

SORTEO LETRAS PRIORIDADE

HORARIOS DE SECRETARIA E INSTRUCCIÓNS PARA A ENTREGA DA SOLICITUDE NO CENTRO

Xornada portas abertas

Este ano polo situación COVID non podemos facer xornada de portas abertas. Presentamos este vídeo para que podades coñecer un pouco as nosas dependencias.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

Prezadas familias.

Os vindeiros LUNS 7 e 14 DE MARZO DE 17 A 19 HORAS, levaremos a cabo as xornadas de portas abertas, para que  as familias interesadas en matricular aos seus fillos e fillas o vindeiro curso escolar no noso centro nos coñecezan un pouco máis.

Serán unhas xornadas presenciais, con cita previa e unha duración aproximada de 15 minutos.

Para solicitar a cita pódese chamar ao teléfono 881960701 ou escribir un correo electrónico á seguinte dirección: ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal

 

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

DOCUMENTACIÓN COVID 2021-2022

1. PLAN DE ADAPTACIÓN.

De acordo co PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022 versión 06/07/2021, elaboramos o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022.

 VERSIÓN DEFINITIVA: 01/10/2021.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut