Skip to Content

Comprometidos coa Terra . Cursos 14/15 e 15/16

 

Comprometidos coa terra

É o título do proxecto documental integrado na biblioteca que comezamos a desenvolver neste curso 2014-15 coordinado polos equipos de dinamización lingüística, tics, actividades extraescolares e biblioteca e coa participación de todas as titorías.

O proxecto ten como obxectivo desenvolver cada ano un tema relacionado co coñecemento do entorno e a adquisición de boas prácticas no uso dos recursos naturais, ao mesmo tempo que traballamos contidos curriculares dunha forma máis motivadora e proocuramos a adquisición de competencias básicas.

 

 

                                                                              CURSO 2015/16 :  Auga e ríos .

 

A nosa biblioteca programou actividades relacionadas co proxecto "Comprometidos coa Terra” que este curso se adicou ao

uso adecuado e solidario da auga”, centrándonos no coñecementoe coidado dos ríos que nos proporcionan a auga doce

que precisamos para a vida cotiá.

  As actividades desenvolvéronse en catro fases: Descubrindo ríos,

Explorando ríos, Concienciándonos sobre os ríos e Contaminación

e coidado dos ríos. Estas actividades publicitáronse na web da

biblioteca.   Ademais cada clase fixo un estudo, adaptado ao seu

nivel, dun ou varios ríos. Con estes traballos confeccionarase un

libro que será exposto na biblioteca e por outra parte foron expostos na páxina web do colexio.   



page | by Dr. Radut