Skip to Content

OBRADOIROS PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE

Benqueridas familias,

Grazas ao traballo voluntario da Anpa Herrerías e á subvención recibida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia (DOG. Núm. 108, do 8 de xuño de 2023), a comunidade educativa do CEIP Cidade Vella será beneficiaria dos obradoiros de promoción da igualdade.

Estas son as actividades programadas:

  • PARA O ALUMNADO (en horario lectivo).

13 de novembro. Educación Infantil. CONTACONTOS: “Príncipas e princesos”. Pablísimo contará a historia de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! Unha reflexión sobre a igualdade a través de contos atípicos.

14 de novembro. 1º e 2º de Primaria.

CONTACONTOS: “Planeta LGTBIQ”.

Caxoto Contacontos interpreta a obra do Planeta M’BURRO que é (como o nome ben di) moi aburrido. Cando un M’burrido vén de expedición intergaláctica ó Planeta Terra, observa que aquí nos gusta moito a diversidade e reprantéxase todo o que sempre deu por feito.

14 de novembro: 3º e 4º de primaria.

CONTACONTOS: “Contos vellos, novos finais”. Caxoto Contacontos desmonta algúns contos tradicionais para limpalos de estereotipos de xénero e ofrecernos finais alternativos onde triunfa a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas.

15 de novembro: 5º e 6º de primaria.

RAP COA IGUALDADE. Neste obradoiro, a través de dinámicas grupais, danse a coñecer as nocións básicas de composición de rap para que o alumnado realice unha canción sobre a igualdade de xénero. Os profesionais do colectivo “Vella Escola” serán os encargados de visibilizar o poder da música para lanzar mensaxes.

 

  • PARA AS FAMILIAS (de 16 a 19h).

15 de novembro: “O superpoder da vulnerabilidade”. Sara Vierna Fernández - Almas Meraki, especialista en xénero e educación emocional, axudaranos a facilitar que os nenos solten as tensións e a rixidez da masculinidade tóxica.

 

 

Como NOVIDADE, este ano, haberá servizo de conciliación.

IMPORTANTE: Tanto para asistir a esta charla como para poder empregar o servizo de conciliación é preciso inscribirse enviando un mail apaherrerias@gmail.com, indicando nome e apelidos dos asistentes e indicando se se precisa o servizo de conciliación.

 

 

Unha aperta,

Anpa Herrerías.



page | by Dr. Radut