A Coruña 8/9/2020
Estimadas familias:
Comezamos o vindeiro venres día 11 un novo e diferente curso. Teremos unha reunión (xa vos avisarei do día e da hora) para explicarvos máis detalladamente os cambios.
Os nenos traerán a máscara posta máis unha de reposto nun estoxo/bolsa. Ademais, para a hora da merenda deberán traer outro estoxo/bolsa para gardar a máscara mentres comen.
Paquete de clínex na mochila para o seu uso persoal.
Máis que nunca se evitará traer ao colexio aos nenos enfermos.
Como este curso non podemos compartir os materiais tedes que comprar un estoxo para gardar o material. O principal é que sexa práctico e saiban abrilo e pechalos autónomamente. Dentro traerán unha goma MILAN 430. Do resto do material xa me encargo eu, xa que sobrou do curso pasado. Aos alumnos de nova incorporación xa vos darei a lista de material.