Skip to Content

BiblioLeo

LECTURA EN FAMILIA

 

Prezadas familias, 

Dende a Biblioteca queremos convidarvos a celebrar con nós o comezo da nova estación. Mais, para iso, precisamos a vosa colaboración! 

Dende o día 23 ao 31 do corrente mes, as portas da biblioteca e das nosas aulas abriranse para acoller historias, contos e relatos para rir ou tremer. Poden estar relacionadas co magosto, o outono ou o samaín. 

As persoas que queirades participar (pais e nais, irmáns maiores, avós e avoas…) podedes poñelo en coñecemento das/o titor/a do voso grupo (a través do Abalar) ou enviando un mail ao correo da biblioteca (biblioteca.ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal), indicando a vosa dispoñibilidade horaria e o conto/historia/relato que queredes ler. E se non se vos ocorre ningún, podedes poñervos en contacto co equipo da biblioteca a través do correo electrónico anteriormente indicado para que vos asesoren ou vos presten algún libro da nosa biblioteca. 

O prazo para apuntarse a esta iniciativa remata o xoves día 19. A partir dese día, indicaranse ás persoas que participedes a data e a hora á que tedes que vir. 

Estamos desexando escoitar as vosas historias! 

Agardamos a vosa colaboración. 

Un saúdo.

 

O Equipo de Biblioteca.

BENVIDA

 

Benvidas e benvidos a un novo curso!

A biblioteca abrirá as súas portas no mes de outubro, mentres buscamos:

  • AXUDANTES DE BIBLIOTECA
  • ACOMPAÑANTES PARA LECTURAS A EI

  

Agardámosvos!!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA - VERÁN 2023

EDUCACIÓN INFANTIL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As nenas e os nenos recomendámosche ler...

Entre todas e todos fixémos as seguintes recomendacións de lectura.


 

 

RELATOS GALICIA MÁXICA

Presentamos o libro dos relatos presentados ao certame

GALICIA MÁXICA

 

 


 

     A resposta do alumnado  a esta convocatoria  de contos foi certamente moi boa . Un grupo de alumnos de 5º  encargouse de  facer a motivación e presentación deste certame aos alumnos/as  das aulas implicadas ( 3º ,4º , 5º e 6º ) .

AQUÍ ESTÁN ...

 

CERTAME DE RELATOS BREVES

 

Dende o equipo de Bilbioteca e coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, presentamos o Certame de relatos breves.

 

Unha oportunidade para que o alumnado demostre o seu talento.

 

Animádevos a participar!

PLATAFORMA DIXITAL E-LBE.2

Prezadas familias.

 

Dende o equipo de biblioteca ofrecémosvos a posibilidade de poder disfrutar de 3000 títulos de libros que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) a través da plataforma dixital E-LBE.2. Para elo tedes que seguir as instrucións que salen no seguinte arquivo.

 

 Para poder acceder a plataforma seguide estes pasos.

Os/as que desexedes que participen os/as vosos/as fillos/as tedes que solicitar o usuario e contrasinal a través do mail do centro: ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal.

 

Tamén existe a posibilidade de descargar a APP E-LBE.2, seguide estas instruccións.

 

Agardamos o disfrutedes.

ACTIVIDADE BIBLIOTECA

Prezadas familias.

 

Dende o equipo de biblioteca e de dinamización lingüística queríamos propoñervos unha activIdade de participación nas aulas cas/os nenas/os de Educación Infantil; invitamos ás familias (pais, nais, avós, avoas...) a vir ao centro a narrar historias do pasado, lendas, tradicións tanto de aquí como dos vosos lugares de procedencia; a data e o horario teriamos que concertalo cos titores de cada curso.

Para poder participar enviádenos un correo a biblioteca.ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal cos seguintes datos: (se vos é máis cómodo tamén podedes poñer os datos por escrito e facerllos chegar á titora da/o vosa/o filla/o). 

Nome da/o nai/pai.

Nome da/o filla/o.

Curso no que está.

Tema que propón para a súa participación.

Datas e horas dispoñibles para realizar a actividade (mellor poñer 2 ou 3).

 

Esperamos a vosa resposta e xa vos indicaremos como o levamos a cabo.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

RELATOS BREVES DO NADAL

Prezados/as lectores/as, a continuación deixamos un enlace donde podedes ver, ler e disfrutar dos fantásticos relatos de Nadal que fixeron os nenos/as de educación primaria.

 

 

 

https://www.calameo.com/read/007028360c579c20c7d1e

 

Agardamos os disfrutedes.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA - NADAL 2022

EDUCACIÓN INFANTIL

1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut