Xa temos no centro, para toda a etapa de educación infnatil e para 1º e 2º de primaria os novos paneis dixitais interactivos enviados pola consellería.
Agora temos un recurso máis para poder traballar e aprender dende outro punto de vista, tanto para o alumnado como para o profesorado.
O vindeiro martes 28 de xuño ás 11:30 horas terá lugar na aula de 3 anos unha primeira reunión de toma de contacto e coñecemento das familias nas que Marta, a mestra do vindeiro curso dos novos nenos e nenas de 3 anos, explicará as normas de funcionamento, o periodo de adapatación... e outros aspectos a ter en conta de cara ao curso 2022-2023.