Bodyboard na Praia da Lanzada
CRÓNICA DA VIAXE
Aínda que houbo algún amago de "naufraxio " nun kayak, algunhas paradas "técnicas" que fixeron algúns participantes tanto na ginkana Warrior como na pendente do Rocódromo e que a auga da Lanzada non estaba " excesivamente quente" , quédome cos mil e un aspectos positivos da viaxe.
A salientar entre todos eles , a boa química na convivencia que tiveron os nosos alumnos con outros grupos de 2 colexios de Tui cos que compartiron actividades.
Tratarei de engadir estes días algunhas fotos e vídeos da excursión que creo que teño por aí apalancados e tede en conta que houbo máis actividades e xogos que as que vedes nas fotografías , algunhas delas moi curiosas como o xogo de " Montgomery e Rommel" (nomes con historia) , que foi pola noite con lanternas na mesma praia.
En fin , foi unha moi bonita excursión , cunha meteoroloxía axeitada da que cómpre destacar que non indo como fomos coa idea de voltar máis negros , morenos ou coa pel vermella en diferentes grados e niveis , é posible que así veñamos algúns/has
DÍA 1. MÉRCORES . ORBALLANDO
A viaxe ao Camping sen novedade.
Chegada . Oganizámonos. A mal tempo boa cara
No comedor xa con fame
Pola tarde adrenalina e aventura no Warrior Ninja e unha longa tirolina. Os nosos audaces alumnos percorren está ginkana do Camping.
Ginkana : Warrior NInja
Vídeo 1
video 2
vídeo 3
VIDEO 4
DÍA 2 . XOVES . SOL CON BRISA ATLÁNTICA
O almorzo
Na praia , axudados polo sol e algo atacados por unha fresca brisa atlántica , fixemos diferentes actividades : Canoas ,mergullo e baño.
Houbo tamén algo de pesca extractiva: dous bichos de interés.
Un polbo
e un camarón.
A pesar do cal o ecosistema do Grove quedou intacto xa que foron devoltos á ría
DÍA 3. VENRES . UN SOL DE XUSTIZA
Hoxe, con máis sol, nunha praia de lenda e tradición , a Praia da Lanzada, impresionante exhibición de .... BODYBOARD !!!!
Pola tarde máis adrenalina con escalada
no rocódromo.
Velaquí os nosos infatigables escaladores/as.