Skip to Content

REVISTA DO CURSO 2015-2016

 

Saídas do día 7 de Xuño

Estimadas familias:

 

Dende o centro queremos recordar o horario de regreso das saídas programadas para hoxe:

 

Primeiro e segundo- saída as Illas Cíes- regreso ás 19:00 horas.

Terceiro e cuarto de Educación Primaria- saída ao Río Barosa- regreso ás 18:00 horas.

Tres e catro anos - saída ao Monte Aloia e a praia de Camposancos- regreso ás 18:00 horas.

 

Recordar que os nenos/as de infantil entregaranse na porta da súa aula e os de primaria na porta principal do centro.

 

 

VISITA AO RÍO BAROSA

 

 

      OS NENOS/AS DE TERCEIRO E CUARTO VAN  VISITAR A MUIÑADA DO  RÍO BAROSA

                       

Xustificación

Galicia posee dentro do seu territorio espazos naturais cun gran patrimonio medioambiental e etnográfico. O espazo Natural Ría de Barosa constitúese como un perfecto exemplo deste patrimonio galego, xa que nel conviven elementos tan importantes como a flora, a fauna, a auga, a fervenza, os muíños e a tradición cultural galega.

Estos elementos fan de Barosa un lugar excepcional para que os/as nenos/as aprendan xogando coa natureza e coa tradición galega, mediante a aprendizaxe práctica de temas como o funcionamiento dos muíños, a elaboración do pan, a importancia da auga, o coñecemento dos animais e plantas do parque, etc…

O espazo Natural Ría de Barosa está situado no Concello de Barro, na provincia de Pontevedra. Unha das riquezas deste espazo natural o constitúe o seu patrimonio medioambiental de flora e fauna que habita no seu interior. Ofrece unha ampla biodiversidade medioambiental cun bosque típico da beira dun río, con ameneiros, freixos, salgueiros, loureiros, carballos, etc. Tamén ten una gran diversidade de herbas como ortigas, mofo, algas, fentos, etc.

Ademais o espazo natural acolle a unha multitude de especies animais como réptiles, anfibios, aves e mamíferos.

Este espacial complexo etnográfico-medioambiental se atopa nunha excepcional topografía, expresión natural en forma de remansos e fervenzas, chegando á máxima expresión coa fervenza de Barosa, duns trinta metros de desnivel.

Obxectivos:

 Coñecer os animais e as plantas que están presentes en Barosa.

 Aprender a imporancia da auga nas nosas vidas.

 Coñecer o funcionamento dos muíños.

 Coñecer os ingredientes con que se fabrica o pan e derivados

 Aprender a facer masa, amasala e darlle forma.

Contidos:

 Animais e plantas que viven no Espazo Natural Ría de Barosa: coellos, rans, sapos, reptís, etc.

 A auga: importancia de auga nas nosas vidas

 As fervenzas.

 Os muíños de auga.

 Cereais usados nas moendas

 Ingredientes que leva a masa para facer pan e derivados

 As cancións populares nos muíños.

Actividades

A visita no espazo natural Ría de Barosa estará composta polas seguintes actividades:

Actividade etnográfica: explicación de cómo funcionaban os muíños antigamente mediante a posta en funcionamento dun deles. Posteriormente os/as nenos/as amasarán pan, cocerano no forno e cada un deles levará para a súa casa un molete feito por eles.

Obradoiros. Cando a visita no parque sexa de todo o día, pola tarde os nenos participarán en obradoiros relacionados coa natureza e a cultura popular galega.

Unidade Didáctica relacionada coa actividade a realizar no parque.

Poemas e cancións populares. Presentarémoslles uns poemas e cancións para que os/as nenos/as as poidan aprender previamente e así poidan cantar durante a visita.

Visita de mediodía

As actividades que realizarán os nenos pola mañán serán:

 Recepción dos nenos: o monitor explicará aos nenos as actividades que van a realizar no Espazo Natural da Ría de Barosa.

 Historia dos muiños e de Barosa en concreto: Se lles explica os nenos a historia dos muiños en Barosa e en Galicia en xeral. A importancia que tiveron a nivel económico, industrial e social en Galicia. Tamén lles explicamos que tipos de cereais se moian, como se transportan etc etc

 Percorrido polo espazo Natural Ría de Barosa: como primeira actividade, os/as nenos/as pasearán polo parque para que poidan coñecer o entorno sobre o que se van a desenvolver durante a visita.

 Actividade etnográfica: explicación de cómo funcionaban os muíños antigamente mediante a posta en funcionamento dun deles. Posteriormente os nenos amasarán pan, cocerano no forno e cada un deles levará para a súa casa un molete feito por eles. Na última hora faremos un taller cos nenos onde un compañeiro panadeiro lles ensinará os nenos como se fai a masa para cocer e lle proporcionaremos un pedazo de masa a cada neno para facer un taller con eles e que aprendan a traballar a masa. A hora de marchar damoslle un pequeno molete de pan a cada neno.

 Ruta de sendeirismo: En Barosa temos a ruta de sendeirismo (PR-G 105) de dificultade media. Para nenos a partir de 8 anos.

NOTA: a media mañá se lles proporcionará aos nenos un tentempé consistente en leite galletas e zumes.

Visita de mediodía

Prezo por neno: 8€ (Con almorzo, taller de pan e un molete de pan de agasallo para cada neno)

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN DEIXAMOS O SEGUINTE ENLACE, OU NO BLOGUE DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

 

 

 

FOTOS DO CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA ( LETRAS GALEGAS)

                    

SAÍDA AO MONTE ALOIA

Estimadas familias:

Recordamos que mañá, día 2 de Xuño, os nenos/as de primeiro e segundo de Educación  Primaria van a facer a saída ao Monte Aloia.

O horario da saída será de 9:00 a 14:00 horas.

Os nenos/as deberán levar merenda, auga e unha gorra nunha mochila pequena.

                        

 

CONCERTO " UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"

 

Hoxe, no CEIP CHANO PIÑEIRO, disfrutaremos co concerto de...

 

                                                     

                                                         

 

ESCOITA AS SÚAS CANCIÓNS NO BLOGUE DE COMPLEMENTARIAS ( ENLACE)

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

                                            SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 

Este ano  o día das Letras Galegas adícase  a Manuel María, coñecido principalmente pola súa obra poética e pola súa defensa da lingua.

                                          

Na biblioteca contamos cunha exposición de material bibliográfixo e audiovisual sobre Manuel María. Tamén contamos, nos corredores do centro,  con carteis coa vida e retazos da obra do homenaxeado.

O mércores 18 e xoves 19 o alumnado de 6ºB representará unha adaptación do conto musicado "Pedro e o Lobo"

 

O venres 20 e luns 23 o alumnado de 3ºB representará unha adaptación do conto " Chímpate, Pepa!"

                                       

O alumnado de 6º A presentará o seu Rap para a defensa do galego " O galego non ten fin"

 

Actividades no blogue da Biblioteca e no blogue do Equipo de  Dinamización da Lingua Galega, Chanamos Galego.

 

COMEDOR

                                                                                 SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR

Dende o Departamento de Benestar Social comunican a apertura do prazo  para solicitar o comedor escolar para o vindeiro curso 2016-2017.

                                                   

 

O prazo estará aberto dende o próximo día 18 de maio ata o 22 de xuño inclusive.

PROBAS DE AVALIACIÓN FINAL DE 6ºCURSO DE PRIMARIA

 

 

Prezadas familias:

 

Os días 11, 12 e 13 de maio aplicaranse as probas da avaliación final de educación primaria ao alumnado de sexto.

 

A avaliación ten carácter censual, informativo e orientador.

 

A súa finalidade é comprobar o grao de adquisición da competencia lingüística, da matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como o logro dos obxectivos da etapa.

 

Agruparase en tres ámbitos: competencia lingüística ( Lingua Castelá, Lingua Galega e Inglés), competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

Máis información  no seguinte enlace.

 

Para máis información podedes visitar a WEB da Consellería de Educación.

DÍAS NON LECTIVOS

                                                                                                                        

Os centros educativos escollen cada curso escolar dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o curso 2015-2016 os dous seguintes:

 

  •  13 de  outubro de 2015                                                     

 

  •  16 de maio de 2016

 

 A Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra concedeunos, polo  que o vindeiro LUNS non haberá actividades escolares, nin extraescolares, nin servizo de comedor.

 

Un saúdo

 

 

                                     Rogelio Pereira Zunzunegui

                                                   Director

Distribuir contido


by Dr. Radut