Skip to Content

"SEGURIDADE NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS"

O Goberno de España desenvolve O PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS NO CURSO 2016-2017.

O centro solicitou a actividade " Seguridade no uso das novas tecnoloxías", xa que se consideramos importante ter información sobre este tema e facilitada por expertos, dada a crecente problemática existente.

 

Esta actividade será desenvolvida por persoal da Garda Civil en dúas fases:

O martes 4 de abril, charla ás familias ás 18:30. Esperamos contar coa vosa asistencia.

O mércores 5 de abril, charla ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria a partir das 12:30.

 

                          

 

 

ORDES DO MECO

PATRULLAS VERDES

A partir de hoxe comezan a  funcionar as patrullas verdes no Ceip Chano Piñeiro.  O seu cometido é fomentar a reciclaxe nos patios e nas aulas. 

 

 

 

 

AVISO IMPORTANTE!!!

QUERIDAS FAMILIAS:

 

ONTE ATOPAMOS NUNHA BOLSA DE CASTAÑAS UN MANDO DE PORTAL. SE ALGUÉN O ESTRAVIOU QUE PREGUNTE NA SECRETARÍA  OU QUE CHAME AO CENTRO PARA ENVIARLLO.

 

UN SAÚDO

"O MAGOSTO"

Se buscamos a definición de Magosto no diccionario aparece como "Acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo."


Co fin de  festexar esta  tradición galega o vindeiro día 15 de Novembro, se o tempo o permite, os nenos/as do Ceip Chano Piñeiro, viaxarán ata o Merendeiro de Chan da Lagoa (Baiona) para  asar as súas castañas.

 

HORARIOS:

 

Educación Infantil,1º e 2º : 9:00-14:00

Educación Primaria 3º, 4º,5º e 6º:  9:00-16:30

 

Os nenos/as que saen ás 16:30h serán entregados aos seus pais/nais pola porta principal do centro.

 

Descargar a autorización de infantil, 1º e 2º 

Descargar a autorización de 3º, 4º, 5º e 6º

Máis información no blogue de actividades complementarias.

 

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

Os nenos/as de terceiro, cuarto, quinto e sexto participaron nas Xornadas de Educación vial que  impartiu a Policía Municipal  de Gondomar. 

 

SAMAÍN

                                                              

Estimadas familias:

 

A vindeira semana vaise festexar no centro o SAMAÍN, realizaranse diversas actividades: xogos de pistas “PÁNICO NO CHANO”, O TRAGAMEDOS, EXPOSICIÓN DE CABAZAS E OBRADOIROS TEMÁTICOS.

Para a exposición de cabazas necesitamos a vosa colaboración, os alumnos/as poderán aportar cabazas xa decoradas de xeito voluntario. As cabazas deberán vir decoradas e xa rematadas o luns 24 ou martes 25 de outubro, non esquezades poñerlle o nome do alumno/a e o curso ao que que pertence.

Aquelas familias que queiran levar para a casa a súa cabaza poderán pasar a recollela o mércores día 26 de outubro en horario de 16:00 a 18:00 horas.

 

A exposición de cabazas abrirase para as familias o martes día 25 de Outubro de 16:30 a 17:30 horas.

 

O Día 28 de Outubro os nenos/as de infantil poderán vir disfrazados e os de primaria poderán asistir con algún complemento ( maquillaxe, gorro de bruxa, careta, perruca, etc) relacionado co medo, non disfrazados.

Moitas grazas anticipadamente e animádevos a participar.

 

 

                                O Equipo de Actividades Complementarias.

 

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicación da listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros de Texto para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

                                       

 

Se non aparecedes na lista  ou ante calquer dúbida chamade ao centro en horario de 9 a 14 horas.

Prazo máximo para facer reclamacións o día 6 de xullo. 

Esta lista é provisional, non mercar os libros ata a publicación da lista definitiva. 

PUBLICACIÓN DA LISTA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO 1º E 2º

 

 

TODOS OS NENOS/AS QUE APARECEN NA LISTA DE AXUDA DE LIBROS DE TEXTO  DEBEN PASAR POLO CENTRO A RECOLLER O VALE CORRESPONDENTE,  ANTES DO DÍA 1 DE XUÑO. ( PINCHA NA IMAXE PARA VER A LISTA)

 

                                

VALES DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

XA SE PODEN RECOLLER NO CENTRO OS VALES DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO.

PINCHA NA IMAXE PARA CONSULTAR A LISTA DE MATERIAL OU CHAMAR AO CENTRO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut