Skip to Content

A revista escolar 2018

 

XUNTANZAS INFORMATIVAS

 

O vindeiro  martes día 19 xuño teremos unha breve xuntanza informativa coas familias do alumnado de:

                                   1º de primaria ás 17:30

                                    2º de primaria ás 15:30

                                    5º de primaria ás 16:30

 

Orde do día:

                           ● Valoración xeral do curso 2017-18

                           ● Obxectivos acadados.

                           ● Aspectos destacados e actividades significativas desenvolvidas.

                           ● Actividades de final de curso.

                           ● Información breve sobre o curso 2018-19.

                           ● Recomendacións para o verán.

Esperamos contar coa vosa presenza.

                                        O profesorado titor do nivel.

SAÍDA FIN DE ETAPA DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de  6º de Educación Primaria atópase na saída de fin de etapa.

Como podedes comprobar nas fotografías están a  pasalo moi ben.

                                                  

GUÍA SOBRE AS AVALIACIÓNS DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

A Consellería vén de publicar a Resolución do 10 de abril de 2018 (DOG 26 de abril de 2018) pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria.

 

                 AS  PROBAS REALIZARANSE OS DÍAS 23 E 24 DE MAIO

 

A avaliación individualizada ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora.

En consecuencia, deben servir para:

* Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.

* Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.

 A Xunta de Galicia publica unha guía  sobre as Avaliacións de Primaria, nela  dan resposta as seguintes preguntas:

  • Que son estas probas?
  • Para que serven?
  • Por que son importantes?
  • Quen as fai?
  • En que consisten?
  • Características das probas.
  • É un sistema novo de avaliación?

Pincha no enlace para ver a guía. 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

HOXE CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

XURXO deunos unha clase maxistral de música tradicional galega. 

Aprendemos os nomes dos seguintes instrumentos: CULLERES, TIXOLA, BOMBO, PANDEIRO, TAMBOR, GAITA, REQUINTA, ZANFONA E O ACORDEÓN.

Tamén cantamos e aprendemos cantigas  tradicionais galegas.

 

                                            

 

 

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 18-19

Segundo as seguintes ordes que regulan o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, publicamos a lista definitiva de admitidos/as para o curso 2018/2019.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Para consultar as listas pincha aquí.

 

Recordar que o prazo de matrícula é do 20 ao 30 de Xuño.

 

Día non lectivo

Os centros educativos escollen cada curso escolar dous días non lectivos.

O consello escolar do centro acordou solicitar para o cuso 2017-2018 como segundo día: O 18 de maio

Polo que o venres o centro permanecerá pechado.

 

CONCERTO IES ESCOLAS PROVAL

Estimadas familias:

Hoxe tivemos o placer de disfrutar dun concerto do  alumnado de 4º da ESO do IES Escolas Proval.

Ofreceronnos un concerto moi variado, cun repertorio de 8 cancións moi coñecidas.It´s a heartache, BonniTayleer. Buffalo soldier, Bob Marley, Imagine, John Lennon. Sugar, sugar, The Archies. Cheap Thrills, Sía. The house of the rising sun, The animals. Set fire to the rain, Adele. Fiesta Pagana, Mago de Oz.

O repertorio foi  traballado polas mestras de inglés e música, traballando de forma coordinada e integrada.

QUEREMOS MOSTRAR O  NOSO AGRADECEMENTO  AOS RAPACES E RAPAZAS DO IES E AS SÚAS MESTRAS. MAGNÍFICO TRABALLO!! GUSTOUNOS MOITÍSIMO.

 

CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO

Este ano para celebrar o día do libro decidimos encher os chanzos das escaleiras cos títulos dos  nosos libros favoritos.

 

 

REUNIÓN INFORMATIVA

Estimadas familias:

Xa se achegan as saídas de fin de etapa ao cámping cos nenos/as de sexto de Educación Infantil e Primaria.

Para informar das datas, prezos, lugar de realización, actividades e de todos os detalles da saída, realizaremos as seguintes reunións:     

                                                                                               

  • Martes día 24 de abril ás 16:30, na aula de 6ºA  de Infantil.
  • Martes día 24 de abril ás 16:30 , na aula de 6ºB de Primaria.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut