Skip to Content

DÍA DA PAZ

O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

ENTRE TODOS CONSTRUIMOS UN PRECIOSO MURAL

 

TAMÉN ESTE ANO ANIMÁMONOS CUNHA CANCIÓN EN INGLÉS. TODOS UNIDOS CANTAMOS E BAILAMOS.

RESERVA DE PRAZA, NENOS/AS DE 6º DE EDUCACION PRIMARIA

Estimadas familias:                                          

Con motivo de remitir ao centro de adscrición (IES Auga da Laxe) unha relación do alumnado susceptible de matricularse nel para o vindeiro curso 2020-21, enviamos o formulario (ED550A) de reserva de praza. Deben cumprimentalo as familias dos  nenos/as que desexen continuar os seus estudos no IES Auga da Laxe e presentalo na secretaría do Ceip Chano Piñeiro en horario de 9:00 a 9:45 horas.

 

A Consellería de Educación tamén contempla facer a reserva de praza, coa implantación dunha nova aplicación informática que empregarán os centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, para xestionar o procedemento de admisión. As familias poden xestionar, se así o desexan, o proceso de admisión a través da seguinte aplicación       (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

Así mesmo, a través da aplicación informática as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante. ( Ver instrucións anexas)

Lembrade que para a reserva de praza é obrigatorio a presentación da solicitude no centro no que o alumno/a está matriculado.

 

PRAZOS DE RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA                                                  

  1. Reserva de praza no centro de orixe (CEIP Chano Piñeiro):do 1 ao 17 de febreiro

  2. Formalización de matrícula en ESO : Do 25 de xuño ao 10 de xullo

O ALUMNADO  QUE NON QUEIRA RESERVAR PRAZA NO IES AUGA DA LAXE, NON PRESENTARÁN NO CHANO PIÑEIRO DOCUMENTO DE RESERVA E PRESENTARÁN DIRECTAMENTE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO CENTRO QUE DESEXEN DO 1 AO 20 DE MARZO.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

RADIO NA ESCOLA

Dende hoxe  poñemos en funcionamento un novo recurso de aprendizaxe.

 

                            Xa temos RADIO NA ESCOLA!!!

 

Esta nova ferramenta, que utilizará o alumnado tanto de Educación Infantil como de Primaria, servirá para facer chegar a todo a comunidade educativa as noticias do centro, contos, entrevistas, etc.

Os programas serán emitidos no tempo de recreo e tamén na páxina web. 

Esperamos que vos gusten os nosos programas. 

 

 

                                                                  

Taller de escritura creativa

10/01/2020
Europe/Madrid

Con esta publicación queremos mostrar o noso agradecemento ós pequenos escritores e escritoras do cole. Grazas polo esforzo e dedicación durante o taller. Por motivarnos a continuar traballando na segunda fase.

Asemade agradecer ás familias a axuda facilitada na creación dos personaxes.

Vémonos o luns na festa de clausura do taller. Non esquezades a invitación.Guiño

Ara e Pablo

25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe comenzamos a celebrar no centro o Día Contra a Violencia de Xénero. Velaquí as primeiras imaxes das mostras de repulsa do alumnado cara este tipo de violencia!

 

 

SABOREANDO LIBROS

Queridos alumnos e alumnas:

A partir de mañá, invitámosvos a saborear as novidades da Biblioteca na mesa que temos na entrada da mesma.

Podedes tocalos, miralos, cheiralos, lelos pero teredes que deixalos de novo no prato para que todos e todas poidamos seguir saboreándoos.

                                                    

                                                      Bo proveito!!!

 

                                       O Equipo de Dinamización da Biblioteca

DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias

Segundo o artigo 8.3 da orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos para este curso 2019/20 o 31 de outubro de 2019, permanecendo, polo tanto, o centro pechado vindeiro o xoves día 31 de outubro.

Un saúdo

                                 Soledad Couto Domínguez

                                               Directora

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

CELEBRACIÓN SAMAÍN

Estimadas familias:

Co obxectivo de celebrar esta festa de tradición popular galega, propoñemos para a vindeira semana diferentes actividades.

O luns día 28 de outubro todo o alumnado que o desexe poderá traer unha cabaza (co nome do alumno/a e o curso ao que pertence) para formar parte da decoración de Samaín do noso centro. Decorar as cabazas poderá ser unha entretida actividade para realizar en familia, dando lugar á creatividade dos maiores e sobre todo dos máis pequenos.

Debedes ter en conta que será o alumnado quen transporte a cabaza dende o patio cuberto polo que acceden á mañá ata o primeiro andar, polo que as cabazas deberán ter un tamaño e peso axeitados á idade do alumnado.

O martes día 29 pola tarde o centro estará aberto de 16:00h a 18:00 h para que as familias que queirades poidades visitar a exposición de cabazas de Samaín.

O mércores 30 de outubro o alumnado poderá vir disfrazado e caracterizado coa temática, pero deben traer material escolar como un día habitual.

O mesmo día 30 o alumnado de Educación Infantil realizará un taller de cociña de Samaín e o alumnado de Educación Primaria unha merenda conxunta por nivel. Rogamos a vosa colaboración para que as merendas conxuntas se poidan levar a cabo en cada aula, aportando cada un o que poidades (merendas saudables preferentemente, aínda que tamén se aceptan doces típicos da época, etc.).

Na última hora do día 30, todo o alumnado pasará a recoller a súa cabaza da exposición acompañados polo profesorado correspondente para levala de novo a casa, xa que o xoves día 31 de outubro e o venres 1 de novembro non hai clase. Por ese motivo incidimos de novo na necesidade de que o tamaño das cabazas sexa axeitado para o alumnado.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

O Equipo de Actividades Complementarias

 

BIBLIOTECA DE FAMILIAS

                                                           BIBLIOTECA DE FAMILIAS       

                                                                                           

Estimadas familias:

Apagade a televisión, gardade os móbiles, xa está en marcha a Biblioteca de familias do Ceip Chano Piñeiro!

Os libros de préstamo para as familias están á vosa disposición nun expositor na entrada do centro.

Podedes retirar os libros que vos interesen cubrindo a ficha de préstamo (prestaranse como máximo 3 libros de cada vez), ficha que debe meterse na caixa de correos. O prazo para a súa devolución é de 15 días, que se poden ampliar enchendo outra ficha.

Temos diversidade de libros, que iremos variando cada certo tempo: libros educativos, novelas e libros para ler xunto cos vosos fillos e fillas.

Podedes atopar libros sobre:

● a alimentación

● a hixiene

● a educación sexual

● conflitos familiares

● dificultades de aprendizaxe

● xogos, etc.

A novidade deste curso serán as novelas.

Entre elas atoparás :

- El niño con el pijama de rayas (John Boyne)

- Misión Olvido (María Dueñas)

- El corazón helado (Almudena Grande)

- Que me queres, amor? (Manuel Rivas),

- O club da calceta (María Reimóndez) e moitas máis!!!

Podedes facer suxestións sobre a compra de novos materiais.

 

Esperamos que esta BIBLIOTECA DE FAMILIAS sexa do voso agrado! 

Distribuir contido


by Dr. Radut