Skip to Content

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

CELEBRACIÓN SAMAÍN

Estimadas familias:

Co obxectivo de celebrar esta festa de tradición popular galega, propoñemos para a vindeira semana diferentes actividades.

O luns día 28 de outubro todo o alumnado que o desexe poderá traer unha cabaza (co nome do alumno/a e o curso ao que pertence) para formar parte da decoración de Samaín do noso centro. Decorar as cabazas poderá ser unha entretida actividade para realizar en familia, dando lugar á creatividade dos maiores e sobre todo dos máis pequenos.

Debedes ter en conta que será o alumnado quen transporte a cabaza dende o patio cuberto polo que acceden á mañá ata o primeiro andar, polo que as cabazas deberán ter un tamaño e peso axeitados á idade do alumnado.

O martes día 29 pola tarde o centro estará aberto de 16:00h a 18:00 h para que as familias que queirades poidades visitar a exposición de cabazas de Samaín.

O mércores 30 de outubro o alumnado poderá vir disfrazado e caracterizado coa temática, pero deben traer material escolar como un día habitual.

O mesmo día 30 o alumnado de Educación Infantil realizará un taller de cociña de Samaín e o alumnado de Educación Primaria unha merenda conxunta por nivel. Rogamos a vosa colaboración para que as merendas conxuntas se poidan levar a cabo en cada aula, aportando cada un o que poidades (merendas saudables preferentemente, aínda que tamén se aceptan doces típicos da época, etc.).

Na última hora do día 30, todo o alumnado pasará a recoller a súa cabaza da exposición acompañados polo profesorado correspondente para levala de novo a casa, xa que o xoves día 31 de outubro e o venres 1 de novembro non hai clase. Por ese motivo incidimos de novo na necesidade de que o tamaño das cabazas sexa axeitado para o alumnado.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

O Equipo de Actividades Complementarias

 



page | by Dr. Radut