Skip to Content

Club de Lectura Familias 2022-2023!

Queridas familias e outros membros da Comunidade Educativa!

Fai uns días recibíchedes unha nota informativa sobre o inicio do Club de Lectura para Familias. Gustaríavos inscribirvos na convocatoria deste curso? A nós faríanos moita ilusión que vos animárades a participar e a compartir con nós unhas xornadas literarias marabillosas, cheas de conversas interesantes, opinións compartidas e experiencias.

As xuntanzas terán lugar cada quince días, serán os mércores de 19:00 a 20:00 e a primeira sesión celebrarase o mércores 26 de outubro do 2022 ás 19:00 a través da plataforma de videochamada, Cisco Webex. Será nesta primeira sesión cando escolleremos o libro a ler ao longo do Club de Lectura. A continuación, se premedes nas seguintes portadas, poderedes acceder a un breve resumo dos mesmos. 

     

Xa por último, informarvos de que o libro escollido terá que ser adquirido de xeito autónomo a través das bibliotecas públicas ou da biblioteca persoal. Tamén queremos facer un recordatorio de que neste club de familias poderá participar calquera membro da nosa Comunidade Educaitva que teña inquedanza pola lectura.

IMPORTANTE! O prazo para entregar a solicitude de participación remata este 21 de outubro

Se vos animades a participar e aínda non envíachedes a nota ao centro ou non vos anotáchedes por correo electrónico, podedes completar os seguintes datos e... vémonos o próximo mércores 26!



webform | by Dr. Radut