MATRÍCULA 2019-2020

(CURSO 2019-2020)

CALENDARIO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 

 

DOUMENTACIÓN PARA

A ADMISIÓN 

CALENDARIO DE

ADMISIÓN E MATRÍCULA

LEXISLACIÓN

PRAZOS

RESERVA DE PRAZA

PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA INFANTIL E PRIMARIA

  • Antes do 1 de Marzo. (Consultar anexo)

SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO NOVO ALUMNADO

En base á Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG Núm. 53, do 15 de marzo de 2013):

- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

  • 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. (Só no caso de que se superase o número de prazas vacantes).

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

  • Antes do 25 de Abril.

PRAZO DE RECLAMACIÓN

  • 5 días hábiles contados a partir do día 26 de Abril.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINTIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

  • Antes do 15 de Maio.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

  • Do 1 ao 20 de xuño (Presentación documentación alumnado de novo ingreso no Centro)
  • Do 20 ao 30 de Xuño (Formalización oficial)

O alumnado matriculado no centro ten garan­tida a súa permanencia nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso non requirirá un novo procedemento de admisión. No caso de presentar solicitude de admisión noutro centro, deberá remitir a dirección do CEIP de Cerdeiriñas unha copia da solicitude de admisión presentada no novo centro así como unha renuncia por escrito.

 

LEXISLACIÓN:

 

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR NO CENTRO PARA ADMISIÓN E MATRICULA DO NOVO ALUMNADO.

ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

          SOLICITUDE DE ADMISIÓN

  • Impreso de solicitude de admisión debidamente cuberto (anexo II, Orde 12 marzo 2013) que pode presentarse:

- A través do formulario de admisión recollido na aplicación:  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

- Cubrindo o formulario ED550B (anexo II) que se facilitará na dirección do centro.

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA

  • Impreso de solicitude de formalización de matricula debidamente cuberto (anexo III, orde 12 de marzo de 2013)
  • 4 fotos actuais tamaño carné.
  • Fotocopia do libro de familia (todas as páxinas).
  • Fotocopia do DNI (se o ten).
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores.
  • Certificado de empadroamento ou convivencia.
  • Certificado do pediatra ou médico de atención temperá no que conste que o/a neno/a ten todas as vacinas incluídas no calendario de vacinación.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (Seguridade Social, MUFACE, etc).
  • Ficha de avaliación inicial.
  • Certificación académica na que se faga constar o código do/a alumno/a cando este proceda doutro centro educativo.
  • Todos aqueles documentos nos que se recolla información de relevancia para o centro.

 

 DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA (PRESENTAR NO CENTRO. ANEXO III-1)

AdxuntoTamaño
Formulario solicitude de reserva de praza.pdf1.04 MB
Vacantes curso 2019 2020. CEIP de Cerdeiriñas.pdf119.55 KB
Anexo II. Formulario de solicitude de admisión.pdf1.13 MB

Powered by Drupal - Design by artinet