Skip to Content

Educación Física

Estreamos a Nova Pista Multideporte

Dende o CEIP A Castellana, estamos moi ledos por estrear a nova pista multideporte no noso patio exterior. 

A partir da semana próxima estrearemos por quendas esta fermosa pista na que estamos seguros que o pasaremos xenial.

Agradecer enormemente ao Concello de Aranga polas xestións que facilitaron a súa instalación e a Xunta de Galicia por todo o apoio e colaboración nas obras.

Traballamos o equilibrio, cruzando o río!

O equilibrio en educación física é unha calidade que unida á coordinación é moi necesaria para o desenvolvemento motor do alumnado.

O equilibrio en nenos inflúe na súa forma de percibir a contorna, as súas relacións sociais e a súa propia autoestima.

Se un neno ten problemas de equilibrio, a súa capacidade de atención verase afectada e mesmo a súa aprendizaxe.

Por iso, esta capacidade física xoga un papel máis importante do que aparentemente parece.

En educación física estivemos a adestrar o equilibrio mediante o xogo de cruzar o río, deixámosvos un anaco da sesión de traballo en equipo para que vexades que ben cruzan o río estes campións.

Non queriamos que nos collesen os crocodilos!

Pensamos correndo!

A área de Educación Física permítenos traballar un sin fin de contidos, no só os relacionados coa conducta motriz. Nesta actividade podemos ver como os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria traballan en equipo á par que se melloran aspectos coordinativos. 

Ademáis, esta actividade permite fomentar a orientación e a capacidade de razoamento a nivel cognitivo xogando ao tres en raia mentras facemos carreira de relevos por equipos esquivando obstáculos.

Están feitos unhos campións e campioas!

Como brincamos coas Carreiras de sacos!

Os xogos populares, como outros elementos culturais, conteñen diferentes concepcións que forman parte da sociedade, teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo.

Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.

Compartimos un vídeo brincando coas carreiras de sacos, que ben o pasamos!

Xogamos en equipo a Derrubar as Torres!

Compartimos con vos un xogo de colaboración - oposición co que o pasamos en grande no pabillón. 

Fomentamos o traballo en equipo, resolución de problemas, toma decisións, liderazgo, orientación espacial, coordinación óculo manual... e un sin fin de valores como o respecto polo contrario, ou a aceptación da derrota e da victoria. 

Neste xogo desfrutamos moito; todos participamos e aportamos para acadar un obxectivo común.

Sen dúbida, pasámolo en grande!

Xogos cooperativos en EF!

Os xogos cooperativos son moi importantes porque axudan a que os nenos e nenas confíen nas súas aptitudes e coñecementos e a colaborar coas demais persoas para conseguir un obxectivo común.

Ademais abandonan o individualismo e a competición facendo que o neno constrúa unha relación social positiva cos demais, que mellore a cooperación e participación.

Todo isto favorece a aprendizaxe, diversión e fai que non haxa discriminación entre eles, polo que é importante que se utilicen xogos cooperativos no ámbito educativo.

Compartimos con todos vos, unhos xogos cooperativos que fixeron os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria na área de Educación Física.

Desfrutamos en cada recuncho!

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria móstrannos as súas habilidades neste circuito dinámico e variado, no que se traballan capacidades físicas básicas e aspectos tan importantes nestas idades coma o equilibrio ou a coordinación.

Esperamos que vos guste!

A verdade e que están feitos unhos campións e campioas!

Pasámolo en grande movendo o noso esqueleto!

Inculcar aos nenos/as a práctica regular de exercicio físico desde moi pequenos, non só favorece o seu desenvolvemento físico e cognitivo, senón que lles achega outros beneficios importantes a curto, medio e longo prazo.

Non cabe dúbida de que os nenos que practican algún tipo de deporte son en xeral máis sans, felices e teñen mellor rendemento académico.

  • Se practican algún deporte, aprenden a seguir regras e a crear hábitos.
  • Se  socializan e melloran as súas habilidades para relacionarse.
  • Aumentan as súas habilidades motoras.
  • Favorece o seu desenvolvemento físico, co crecemento dos seus ósos e músculos.
  • Dormen mellor.
  • Afástalles do sedentarismo, reducindo o tempo que dedican á televisión e os videoxogos.
  • Son máis sans, pois a práctica regular exercicio físico achégalles os mesmos beneficios para o organismo que aos adultos.

Compartimos con todos vos, un vídeo dunha fermosa xornada de Educación Física no exterior do pabillón. Canto movemos o noso esqueleto e que ben o pasamos! 

O bádminton, un deporte rápido e moi completo

O bádminton é un deporte de raqueta coa mesma dinámica que o tenis pero con moitas diferenzas que se converten en vantaxes.

Para empezar, tanto a raqueta de bádminton como o volante ou pluma que se utiliza son moito máis lixeiros que unha raqueta ou unha pelota de tenis, polo que o impacto non afecta o desenvolvemento das articulacións dos nenos. 

  • Un dos beneficios máis evidentes do bádminton é o desenvolvemento de certas habilidades nos nenos, como a agudeza visual, a axilidade e a rapidez de reflexos, todas elas imprescindibles durante o xogo.
  • A orientación, a percepción do espazo e a gravidade, pero tamén o equilibrio e a coordinación son outras das habilidades que se potencian coa práctica do bádminton.
  • Ademais, trátase dun deporte onde a resistencia é tan fundamental como a velocidade, polo que os nenos afaranse ao esforzo físico e vénlles moi ben se no futuro elixen calquera outro deporte. Se ademais engadimos a mellora da psicomotricidade infantil e o bo desenvolvemento muscular, podemos converter ao bádminton nun dos deportes ideais para nenos de calquera idade.

Pero non só atopamos beneficios físicos na práctica do bádminton.

Estamos ante un dos deportes que máis gustan aos nenos porque é moi dinámico e divertido e en ocasións pódese practicar ao aire libre.

O bádminton pode ser un excelente remedio para a ansiedade polo gasto de enerxía que xera e pola rapidez que require nos movementos.

 

 

Desfrutamos da actividade física no exterior!

Realizar exercicio ao aire libre ten múltiples beneficios que van máis aló dos que pode achegar en interiores. Ademáis de facer a práctica máis segura nos tempos actuais.

E é que estudos científicos demostraron maiores beneficios en  nenos/as sobre o benestar, autoestima e motivación. Facer actividade física aproximadamente 30 minutos ao día ao aire libre, coa axuda do sol e o contacto coa natureza, vai aumentar os teus niveis de enerxía, revitalizarache e reducirá os teus niveis de ansiedade e mal humor no noso día a día.

A Educación Física ao aire libre ofrece un estímulo mental ideal para os nenos e nenas que outros tipos de exercicio non poden conseguir.

Cambiando o escenario habitual de Educación Física, axudamos a estimular o noso cerebro en maior medida.

Distribuir contido


by Dr. Radut