Skip to Content

Violencia de Xénero

Educar os nenos, desde as épocas máis tempranas, nunha cultura enfocada á resolución pacífica de conflitos, fomentando a empatía e desenvolvendo unha autoestima equilibrada, son principios que favorecen a desaparición do dano por razón de sexo que xa ocorre escola.

Eliminar ao máximo os estereotipos transmitidos pola cultura patriarcal; polo tanto, ensinar "ser unha persoa" no canto de ensinar "ser un home" ou "ser unha muller" e así desterrar mitos como a agresión é un trazo masculino, ou pola contra, a submisión, o silencio, a obediencia ... son trazos femininos, son obxectivos de coeducación e son obxectivos que dende o CEIP A Castellana estivemos a traballar cos nosos alumnos/as. 

Igualdade de Xénero no CEIP A Castellana

Nestes días, co fin de celebrar o Día contra a Violencia de Xénero, os alumnos e alumnas do CEIP A Castellana, estivemos a traballar a igualdade de Xénero, fomentando valores de respeto e responsabilidade nos máis pequenos. 

Participamos nunha iniciativa que fomenta a igualdade de Xénero e a Non violencia. Fixemos un mural co cancelo #Equialiter poñendo as mans de cada neno en contra deste tipo de violencia. 

Posteriormente fixemos un pequeno vídeo, con voz en off no que dicimos abertamente que "No CEIP A Castellana, rexeitamos a Violencia de Xénero".

Compartimos con todos vos, este fermoso paxaro, formado pola pegada de cada un de nos. 

 

Magosto no CEIP A Castellana

¡Qué ben o pasamos a semana pasada no Magosto do CEIP A Castellana!

Puidemos desfrutar dunha fermosa xornada de xuntanza entre familias, profesorado e alumnado. No pabellón fixemos unha actividade de MindFulness e despois un divertido circuíto de xogos populares, onde a Castaña era a protagonista. 

Posteriormente merendamos Castañas nun día fermoso para desfrutar todos xuntos dunha festividade tan nosa como é o Magosto. 

Celebramos O Samaín

Este pasado venres, poidemos desfrutar dunha xornada arrepiante na Bibioteca do CEIP A Castellana. Dende os máis pequenos aos máis maiores do colexio, participamos contando unha historia de medo. 

Os máis maiores disfrazáronse e puidemos desfrutar dunha pequena escenificación. 

Rematamos cunha visualización moi tenebrosa.... 

Unha xornada moi entretida sen dúbida!

O Samaín en 1º e 2º de Educación Primaria

Durante esta semana estivemos a traballar O Samaín nos máis pequenos de Educación Primaria. Fixemos moitas tarefas entretidas, nas que fomentamos o uso da lectura e coñecemos esta festividade.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.  

Porén, tendo en conta a relevancia cultural do devandito Samaín, quixemos traballalo en todos os niveis educativos do centro. 

 

Chega o Samaín o CEIP da Castellana

No CEIP A Castellana, estamos a facer un concurso de cabazas, sen dúbida temos unha fermosa e terrorífica colección.

 

Compartimos con todos vos unha imaxe das mesmas

¡Esperamos que vos gusten moito!

Benvidos e benvidas a Nova web do CEIP da Castellana

Ola a todos e a todas! Presentamosvos a nova web do CEIP da Castellana, a partir de agora, compartiremos mediante esta plataforma toda a información de interese para todos vos. 

Un saúdo e vémonos por aquí!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut