Outras actividades

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS (18/02/2017)

O sábado 18 de febreiro celebrouse o Campionato Provincial de Campo a Través no circuíto de Cabío, na Pobra do Caramiñal, no que o C.E.I.P. A.D.R.Castelao contou coa participación de 7 representantes.

En categoría Alevín Feminino o equipo integrado por Patricia, Nadia, Antía, Julia, Noa e Helena acadou un meritorio 5º posto por equipos; e na categoría Infantil Masculino, Samuel logrou un destacado 12º posto.

           

 

 

 

CAMPIONATO INTERZONAL DE CAMPO A TRAVÉS (21/1/2017)

 

O pasado sábado, 21 de xaneiro, un total de 10 escolares do C.E.I.P. A.D.R. Castelao participaron na Fase Interzonal de Campo a Través, proba que se desenvolveu no circuíto da Alameda de Santiago de Compostela e que era clasificatoria para o Campionato Provincial que se disputará o 18 de febreiro na Pobra do Caramiñal.

A actuación d@s nos@s escolares foi, unha vez máis, moi destacada, acadando o primeiro posto por equipos na categoría alevín feminino, o terceiro posto individual de Nadia González na mesma categoría e o cuarto de Samuel Fariñas en infantil masculino, ademais da boa participación a nivel xeral do resto de integrantes.

Con estes resultados, son 7 os e as integrantes do noso centro que poderán participar no Campionato Provincial que se disputará no circuíto de Cabío, na Pobra do Caramiñal, o sábado 18 de febreiro.

 

 

 

 

 

FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (2/12/2016)

 

O venres 2 de decembro, un total de 37 alumnos e alumnas do noso centro participaron na Fase Comarcal de Campo a Través, dentro do programa XOGADE de Deporte en Idade Escolar. As probas desenvolvéronse no circuíto na área recreativa de A Magdalena, no concello do Pino.

Nesta competición, o C.E.I.P. A.D.R. Castelao estivo representado por alumnos e alumnas das categorías alevín e infantil (4º, 5º e 6º de Educación Primaria), obtendo uns resultados moi destacados nas diferentes probas e culminando éstes coa consecución do primeiro posto en tres das catro categorías nas que se participou.

Nadia González Vázquez, Yago Ferreño González e Samuel Fariñas Fernández subiron ao máis alto do podio nas respectivas probas: alevín feminino, alevín masculino e infantil masculino; culminando unha gran xornada tanto a nivel individual como colectivo.

 

 

 

 

 

 

XIII REBUMBIO MATEMÁTICO - FASE FINAL GALEGA

OS TRES COMPOÑENTES DO EQUIPO "EINSTENIOS" (IVÁN BLANCO CALVIÑO, SERGIO GARCÍA VÁZQUEZ E SARA MÍGUEZ PAIS), LOGRARON CLASIFICARSE PARA A FASE FINAL GALEGA DO XIII REBUMBIO MATEMÁTICO ORGANIZADO POR AGAPEMA. A FASE FINAL GALEGA TERÁ LUGAR O VINDEIRO VENRES 31 DE MAIO ÁS 10:30 H. NO FÓRUM METROPOLITANO DA CORUÑA. SORTE CAMPIÓNS!!!

Os rapaces e rapazas de 5º , LUTHIERS do Castelao.

Despois de escoitar, visualizar, clasificar e aprender os nomes dos instrumentos máis populares na orquestra e na música tradicional, o alumnado de 5º  fabricou   instrumentos musicais empregando materiais de reciclaxe.

Tubos, caixas, globos, paus, botes, culleres, botellas calquera cousa  coa que se poida emitir un son   converteuse en instrumento musical nas mans destes pequenos  luthiers do Castelao.

 

A aula de música agradece a colaboración dalgúns  país e avós, moi arteiros, que cos seus fillos e netos  conseguiron dar unha estética moi axeitada a moitos dos obxectos sonoros realizados.

 

¡Parabéns a todos eles!

    

    

 

XIII REBUMBIO MATEMÁTICO

NOVE ALUMN@S DO CASTELAO QUE COMPOÑEN OS EQUIPOS: "EINSTENIOS", "OS DE THALES" E "OS PITAGÓRICOS", PARTICIPAN HOXE VENRES, 26 DE ABRIL, NA FASE DE ZONA DO XIII REBUMBIO MATEMÁTICO (ORGANIZADO POR AGAPEMA) QUE TEN LUGAR EN SANTIAGO.  ESPERAMOS VEL@S NA FASE FINAL GALEGA QUE TERÁ LUGAR O 31 DE MAIO, VENRES, ÁS 10:30 H. NO FÓRÚM METROPOLITANO DA CORUÑA. SORTE CAMPIÓNS!!!

 

ATLETISMO.- CLASIFICATORIO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2012/2013 – Ribeira / DUATLÓN ESCOLAR 2013 – Miño (Urbanización Fadesa)

(06/04/2013)

CLASIFICATORIO PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA 2012/2013 – Ribeira

          O sábado 6 de abril 13 alumn@s do noso centro participaron na “Fase Clasificatoria de AtIetismo en Pista Escolar 2012-2013” que se disputou no Complexo Deportivo de A Fieiteira – Ribeira.

 

Nesta competición @s representantes do CEIP ADR Castelao participaron nas probas de 50 m.l., salto de lonxitude e salto de altura, todas elas da categoría benxamín, tanto feminino como masculino.

 

O sábado 4 de maio disputarase o Campionato Provincial no Estadio Universitario de Elviña, na Coruña, para o cal os nosos alumnos e alumnas teñen esperanzas de acadar a clasificación.

 

No campionato provincial terán dereito a participar @s atletas coas 16 mellores marcas da provincia en cada unha das probas e categorías

Enlace ranking galego atletismo escolar:

http://www.atletismogalego.com/fga/ranking_xgd.asp 

 

 

 

DUATLÓN ESCOLAR 2013 – Miño (Urbanización Fadesa) (07/04/2013)

 

 

            O pasado 7 de abril os alumnos Iván Suárez Villaverde e Alonso Rodríguez Raña participaron na “1ª Xornada de Duatlón Escolar 2013” que se disputou na Urbanización Fadesa, en Miño (nas proximidades da praia Grande de Miño).

 

A descrición da competición amósase de forma detallada a continuación:

 

ü      O Duatlón é unha modalidade deportiva que combina a carreira a pé coa bicicleta e de novo coa carreira a pé.

ü      No caso da categoría benxamín as distancias a percorrer son:

CARREIRA A PÉ

BICICLETA

CARREIRA A PÉ

500 m.

2000 m.

250 m.

ü      Os momentos de cambio entre cada unha das fases chámase transición e hai que realizalas conforme a unhas determinadas regras:

o        De carreira a pé para bicicleta: poñer o casco en primeiro lugar e non subirse á bicicleta ata pasar a liña de transición.

o        De bicicleta para carreira a pé: baixarse da bicicleta antes da liña de transición e colocar a bicicleta e sacar o casco antes de iniciar a última carreira a pé.

ü                    Coa súa participación nesta proba do 7 de abril, en Miño, Iván e Alonso acadaron a clasificación para o Campionato Provincial da modalidade, que se disputará en Santiago o 5 de maio, nas inmediacións do Estadio de San Lázaro.

 

 

            

 

 

 

 

 

 

O CEIP CASTELAO PARTICIPOU NA FEIRA MATEMÁTICA.

O CEIP CASTELAO FOI O ÚNICO CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA PÚBLICO QUE PARTICIPOU NA PASADA EDICIÓN DA FEIRA MATEMÁTICA, CELEBRADA NA CORUÑA O PASADO SÁBADO 21 DE MAIO.