Novas

COLABORADORES/AS DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Comunícolles que continúa aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/23. Poderán solicitar a praza de colaborador/a as persoas familiares do alumnado comensal.

O Equipo Directivo

AUTOLIQUIDACIÓN DE TASAS PARA ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Os/as alumnos/as admintidos/as no comedor escolar para o curso 2022/23 deberán cubrir e entregar na secretaría do centro o "modelo de autoliquidación e especificacións" para calcular o importe que terán que pagar como usuarios/as de comedor. O prazo será do día 1 ao 7 de setembro ambos os dous incluídos. 

Premede aquí para descargar o "modelo de autoliquidación e especificacións".

 

O Equipo Directivo

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Con data do 18 de xullo de 2022 publicouse a listaxe provisional de admitidos/as no comedor escolar e a listaxe de alumnado en reserva. Podedes consultala no taboleiro do corredor do centro ou chamando ao teléfono 881880881 da secretaría.

prazo para presentar alegacións será de 5 días.

 

 

 

COLABORADORES/AS DO COMEDOR ESCOLAR NO VINDEIRO CURSO 2022-2023

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as nas tarefas de atención e apoio ó alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022- 2023. Poderán solicitar a praza de colaborador/a, aquelas persoas que sexan familiares do alumnado comensal.

AVISO COMEDOR ESCOLAR

DEBIDO Á SITUACIÓN ACTUAL DE FOLGA DE TRANSPORTE, O MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR PODERÁ VERSE SOMETIDO A MODIFICACIÓNS.

ALUMNADO ADMITIDO NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022 (1 de setembro)

 

Dende o Equipo Directivo, informamos que todo o alumnado que solicitou o servizo de Comedor Escolar para o presente curso 2021-2022, foi admitido.

Dende o 1 de setembro do 2021 e ata o 8 do mesmo mes, en horario de 9:00 a 14:00 horas, podedes achegarvos á secretaría do centro a recoller o Modelo de Autodeclaración no que indicar os datos en base aos cales se determinará o importe diario do servizo de comedor para cada un dos comensais admitidos.

 

Ante calquera dúbida, chamade ao 881880881.

 

O Equipo Directivo

 

 

CRITERIOS PARA ACCEDER AO POSTO DE COLABORADOR/A DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022.

ÁBRESE O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES, DO 1 AO 9 DE XULLO DO 2021.

PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN PREMEDE AQUÍ.

PARA DESCARGAR A SOLICITUDE PREMEDE AQUÍ.

 

O EQUIPO DIRECTIVO.

 

 

INSTRUCIÓNS PARA O PAGO DO COMEDOR ESCOLAR POLA INTERNET CON TARXETA BANCARIA

Ante as consultas das familias sobre a posibilidade de facer o pago do Comedor Escolar dun xeito non presencial, dende o Equipo Directivo queremos informar da posibilidade de facelo a través da Internet cunha Tarxeta Bancaria.

Fixemos unhas instrucións que lles poden axudar a facer o pago a través web da Consellería de Facenda e agardamos que lles sexan de utilidade.

Preman aquí para descargar as instrucións que fixemos dende o Centro Educativo.

Advertimos de que o Centro Educativo non se fai responsable de posibles cambios no proceso de xeración do Modelo de Autoliquidación de Tasas nin da existencia de posibles comisións polo Pago con Tarxeta.

O Equipo Directivo.